TRIPLE VITORIA
ANTE
ASOCIACION CORUÑESA DE WATERPOLO
Tres vitorias este pasado fin de semana ante ACW nunha nova xornada de liga nas categorías alevín, infantil e cadete mixta as logradas polo CW Santiago.
A primeira delas en categoría alevín, onde os nosos xogadores seguen en franca progresión e soamente a falta de puntería para portería propiciou un partido máis igualado do previsto, aínda que o gran traballo defensivo deixou o resultado final nun claro sete a tres final.
LIGA GALLEGA ALEVIN MIXTA
CW SANTIAGO – ACW 7 – 3 (2-1; 1-0; 1-0; 1-0; 1-1; 1-1)
CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, MIGUEL PALACIOS, LUCAS VILARIÑO, FERNANDO FERRER (4), UXIA SANLUIS, YAGO DIAZ, SAMUEL GONZALEZ (1), CARLOS ORDOÑEZ, MIGUEL BARCA (2)
Despois da vitoria en alevíns, tocaba o enfrontamento en categoría infantil, nun partido moi igualado e como en categoría alevín a falta de acerto para portería dos santiagueses errando numerosas ocasións claras, propiciou un partido moi igualado onde a gran defensa local a partir do segundo cuarto fixo que o equipo local remontase un cero a dous co que se inicio o partido e que se decidiu a falta dun minuto e medio para o remate do partido co definitivo cinco a catro..
LIGA GALLEGA INFANTIL MIXTA
CW SANTIAGO – ACW 5 – 4 (0-2; 0-0; 1-0; 2-1; 1-0; 1-1)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT (2) SANTIAGO ESTURAO, MARTIN ZAS (1), FERNANDO FERRER (2), UXIA SANLUIS, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, SAMUEL GONZALEZ, ANXO PANERO
Por último disputouse o partido na categoría cadete mixta, onde os locais tiveron un partido cómodo, marcaron diferenzas desde o inicio do encontro onde xa ao acabar o primeiro cuarto o resultado era un claro seis a cero. A partir de aí minutos para todos os xogadores e partido placido ata o dezasete a cinco final.
LIGA GALLEGA CADETE MIXTA
CW SANTIAGO – ACW 17 – 5 (6-0; 1-1; 4-3; 6-1;)
CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, OSCAR ALVAREZ, GABOR PAZOS (2), ROSALIA REY (1), ALEX GOMEZ (11), IVAN VIEITES, ANTONIO MOSCOSO, JORGE GOMEZ, DAMIAN ANTELO, PABLO CHICO (2), GERMAN BRUZOS, LAURA SANLUIS (1)