COMODAS VITORIAS ANTE PABELLON OURENSE
Nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago, esta vez os nosos infantís e o equipo absoluto desprazáronse a Ourense para disputar os seus partidos cun balance de dúas vitorias cómodas.
Os primeiros en disputar o seu encontro foron os máis pequenos, os nosos infantís tiveron un partido moi cómodo cun resultado final de trece goles a cero e no que todos dispuxeron de moitos minutos para poder foguearse para próximos partidos.
LIGA GALLEGA INFANTIL MIXTA
CW P.OURENSE – CW SANTIAGO 0-13 (0-4; 0-3; 0-1; 0-1; 0-2; 0-2)
CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO (1), SANTI ESTURAO, MARTIN ZAS (3), FERNANDO FERRER (4), MIGUEL BARCA. NATALIA VIEITES (1), REBECA GOTHLIN, SAMUEL GONZALEZ (1), ANXO PANERO (1), ANTONIO GARCIA (1), IAGO GARABATO (1)
Despois da vitoria en infantís enfrontáronse os dous equipos absolutos de primeira división, partido que desde o comezo do encontro foi claramente favorable aos santiagueses que cunha férrea defensa provocaron numerosos erros do equipo local o que xunto a unha boa efectividade en ataque fixo que se chegase ao final do encontro cun claro seis a vinte e un. Partido para coller ritmo de fronte ao crucial fin de semana que se presenta con dous partidos de máximo nivel ante CW Pontevedra e CN Coruña que decidirán a clasificación da fase regular.
LIGA GALLEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION
CW PABELLON OURENSE – CW SANTIAGO 6 – 21 (1-5; 3-6; 0-5; 2-5)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, JESUS MONTOIRO, DAMIAN ANTELO, RAUL GALLEGO, ALEJANDRO PADILLA, ALEX GOMEZ (3), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (5), PABLO SUAREZ (4), MIGUEL BARCA (6), BRUNO SAMPAÑO (2), ADRIAN CAMPAÑA, IAGO GARABATO