CRÓNICA ACW

PLENO DE VITORIAS CONTRA ACW

Logo Rana

Nova xornada de Liga para equipos do Club Waterpolo Santiago. Nesta ocasión tocaba desprazarse a A Coruña para xogar en catro categorías contra a Asociación Coruñesa de Waterpolo. Os primeiros en mergullarse foron os infantís que tiveron un partido moi cómodo sentenciando o encontro nos dous primeiros cuartos donde adquiriron unha gran avantaxe e dispoñéronse de minutos de xogo para todos os xogadores.

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

 Infantís Club Waterpolo Santiago
Equipo Infantís

ACW  – CW SANTIAGO  2 – 17 (0-6; 0-2; 0-2; 0-3; 2-2; 0-3)

CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, CARLOS ORDOÑEZ(1), JESUS PEREZ(3), HENOK MARTINEZ (1),  FERNANDO FERRER (2), UXIA SANLUIS(2), MIGUEL BARCA, SAMUEL GONZALEZ(4), YAGO DIAZ (1), LUCAS GARCIA (3),  IAGO FERNANDEZ , ARCO  FERNANDEZ, MATEO PRADO, RAUL SEOANE

 O seguinte partido en xogarse foi a categoría cadete e foi o partido máis igualado. Gran encontro en defensa para os santiagueses que conseguiron manter a portería a cero ata o último cuarto, o que mostra unha idea da intensidade defensiva do equipo. Foi a partires do tercer cuarto o partido, cando mostramos unha maior presenza en ataque chegando o resultado de dous a seis.

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

Cadetes Club Waterpolo Santiago
Equipo Cadete

ACW  – CW SANTIAGO    2 – 6 (0-0; 0-1; 0-3; 2-2)

CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, LUIS GUILBERT (2), JESUS PEREZ, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER (1), HENOK MARTINEZ, MARIO BLANCO, SAMUEL GONZALEZ, ANTONIO GARCIA, ANTONIO MALLO, ANXO PANERO (2), CARLOS ORDOÑEZ, IAGO GARABATO (1)

O terceiro encontro en disputarse foi o dos máis novos, a categoría alevín B e saldouse coa vitoria clara para os santiagueses por sete goles a catorce, nun  partido onde os santiagueses empezaron moi activos. Os despistes defensivos no segundo cuarto fixo que os locais empataran o partido, pero a partir de ese momento foron superiores no restos dos cuartos ata estirar o marcador a sete goles a catorce dándolles a vitoria.

LIGA GALEGA ALEVIN  MIXTA

Alevin B Mixto Club Waterpolo Santiago
Equipo Alevin B Mixto

ACW  – CW SANTIAGO “B”    7 – 14 (0-4; 4-0; 1-1; 0-6; 2-0; 0-3)

CW SANTIAGO: CARLA DIAZ,  (1), BIEITO CARBALLO(1), SARAY GUILBERT(7), CANDELA RUBAL(1), SOFIA PEREZ(1),  ALEJANDREO CREGO, IRENA ORDOÑEZ(2), XULIA GAREA, PEDRO RUBAL(1), MARIO CALZADILLA.

 O último encontro en disputarse foi tamén en categoría alevín pero o equipo A, con vitoria cómoda por dous a dezaoito despois dun encontró plácido para os santiagueses. Destacar que neste equipo formaron dous prebenxamíns que no desentonaron co resto de xogadores.

LIGA GALEGA ALEVIN  MIXTA

Equipo Alevin A Club Waterpolo Santiago
Equipo Alevin A

ACW  – CW SANTIAGO  “A”  2 – 17 (0-6; 0-2; 0-3; 0-3; 2-1; 0-2)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ (1),  MIGUEL PALACIOS, CARLOS AMIGO (2),  MANUEL J. RUBIAL (3), RODRIGO CARRILLO,  GUILLERMO CARRILLO (3), SEBASTIAN ALTAMIRANO (4), ALEXANDRE GONZALEZ, AIRAS CAAMAÑO (2)

Patrocinadores
Xunta de Galicia -Concello de Santiago- Deputación da Coruña

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s