DOBRE TRIUNFO NA COPA GALEGA ABSOLUTA

Logo del Club Waterpolo Santiago

Este pasado fin de semana celebrouse en Ourense a Copa Galega Absoluta masculina e feminina, onde o CW Santiago proclamouse Campión nas dúas categorías.

En feminina tras vencer nos seus enfrontamentos ao Náutico de Vigo e Waterpolo Ourense e masculina onde se desfixeron do CW Pontevedra en cuartos, CW Ourense en semifinais e ao Náutico de Vigo nunha final de infarto.

A categoría masculina: os santiagueses iniciaron a competición co que se prevía un duro  encontro ante o CW Pontevedra no terceiro dos cuartos de final, pero en gran defensa os de Santiago deulles un triunfo cómodo cun holgado dez a tres e unha moi boa imaxe.

En semifinais enfrontáronse ao CW Ourense gañador do último cuartos de final, un  partido holgado cun resultado de once goles a un que o metía na final que debía  enfrontalo ao Náutico de Vigo.

O domingo vinte e seis ás doce iniciábase a final e non puido ser máis emocionante  que acabo decantándose a favor dos santiagueses que souberon aguantar a diferenza dun gol e chegar ao final do encontro con vitoria por un axustado sete a seis.

Pola súa banda o equipo feminino tamén conseguiu o título na súa categoría logo de vencer os seus dous encontros ante os outros dous participantes de forma clara,  tanto ao Náutico de Vigo no seu primeiro enfrontamento ao que venceron nove a  seis, como ao CW Ourense ao que derrotaron por sete a tres, que puxo fin á tempada obtendo os dous títulos en xogo “Liga e Copa” e que supón un novo empuxe ao  Waterpolo feminino.

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s