CRÓNICA 18 XUÑO FIN DE SEMANA

CAMPIONATO INFANTIL E LIGA SEGUNDA DIVISIÓN

Logo del Club Waterpolo Santiago

TERCEIRO E CUARTO POSTO INFANTIL

De novo outro fin de semana intenso para os equipos do club waterpolo Santiago, coa disputa este pasado sábado do Campionato Galego Infantil Mixto de Verán, onde os santiagueses conseguiron un terceiro lugar e medalla de bronce (o equipo masculino) e un cuarto posto do equipo feminino tras caer derrotado no duelo pola medalla polos mozos.
A xornada comezouna o equipo masculino que debeu disputar o segundo cuarto de final ante ACW, e que pese a un comezo algo despistado nos primeiros minutos, souberon reaccionar e levarse o encontro por un concluínte seis a doce que lles metía en semifinais, as cales debían disputar ante Coruña Rías Altas, partido que se levaron os coruñeses que venceron pola mínima, sete a seis final. Que enviaba aos compostelanos á loita pola medalla de bronce ante o noso equipo feminino que tamén cedeu en semifinais ante o ao cabo campión, non sen dar guerra nun partido que se decidiu no último cuarto, ata onde as nosas mozas chegaron con opcións de vitoria, pero o maior físico pontevedrés deulles o triunfo por dez goles a cinco.
Xa na xornada de tarde disputouse o duelo fratricida entre os equipos santiagueses, levándose a vitoria o equipo masculino que estivo moito máis acertado en ataque, o que lle levo á vitoria por un cómodo dez a cinco, obtendo así a medalla de bronce, e un magnífico cuarto posto do equipo feminino.

CAMPIONATO GALEGO INFANTIL MIXTO DE INVERNO
RESULTADOS

¼ DE FINAL

CW SANTIAGO MASCULINO – ACW    12 – 6 (1-1; 0-2; 3-3; 2-2)

     CW SANTIAGO MASCULINO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO (2), PEDRO RUBAL (3), RODRIGO CARRILLO, GABRIEL BALSA, ARTAI ANTELO, AIRAS CAAMAÑO (2), GUILLERMO CARRILLO (4), ANTON FAGUNDEZ, SAUL PAPIN (1), MAURO GONZALEZ-CONCHEIROS CEINOS

1/2 DE FINAL

  • CW SANTIAGO  MASCULINO – CW CORUÑA RIAS ALTAS      6- 7 (1-2; 1-2; 3-2; 1-1)

       CW SANTIAGO MASCULINO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO (2), PEDRO RUBAL (1), RODRIGO CARRILLO, GABRIEL BALSA, ARTAI ANTELO (2), AIRAS CAAMAÑO, GUILLERMO CARRILLO, ANTON FAGUNDEZ, SAUL PAPIN (1), MAURO GONZALEZ-CONCHEIROS CEINOS

  • CW SANTIAGO FEMENINO – CW PONTEVEDRA   5 -10 (2-3; 1-0; 2-4; 0-3)

     CW SANTIAGO FEMENINO: CARLA DIAZ, SOFIA PEREZ, SARAY GUILBERT (2), CANDELA RUBAL (1), ARIANA COLLAZO (1), EMMA SANTAMARIA, XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ (1), ALBA MARIA CASTILLO, CIRA SAMPAYO, NOA VIEITES, XIANA BARREIRO, CANDELA ESPIÑA 

3º Y 4º PUESTO

  • CW SANTIAGO  MASCULINO – CW SANTIAGO FEMENINO      10- 5 (2-1; 1-0; 2-0; 2-1; 1-1; 2-1)

 CW SANTIAGO MASCULINO: MAGIN LOPEZ (1), BIEITO CARBALLO (4), PEDRO RUBAL (1), RODRIGO CARRILLO, GABRIEL BALSA, ARTAI ANTELO (2), AIRAS CAAMAÑO, GUILLERMO CARRILLO (2), ANTON FAGUNDEZ, SAUL PAPIN (1), MAURO GONZALEZ-CONCHEIROS CEINOS

CW SANTIAGO FEMENINO: CARLA DIAZ, SOFIA PEREZ, SARAY GUILBERT, CANDELA RUBAL (2), ARIANA COLLAZO (2), EMMA SANTAMARIA, XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ (1), ALBA MARIA CASTILLO, CIRA SAMPAYO, NOA VIEITES, XIANA BARREIRO, CANDELA ESPIÑA

LIGA GALEGA ABSOLUTA 2º DIVISIÓN 

Segunda división masculina Subcampión

Pola súa banda logo da finalización do Campionato infantil e para concluír a ligas galegas disputouse o partido aprazado en segunda división masculina entre o Club Waterpolo Pontevedra B e o Club Waterpolo Santiago C, con todo decidido na clasificación os dous equipos deron un espectáculo de goles, acabando cun marcador de dezaseis a quince para os de lerez, logo de ir prácticamente durante todo o encontro, o maior físico dos locais deulles a vitoria a falta de trinta cinco segundos para finalizar o encontro, aínda así gran colofón da liga galega co equipo master conseguindo o subcampionato de liga.

Club Waterpolo Santiago C Master

18 DE XUÑO DE 2022

CW PONTEVEDRA B – CW SANTIAGO C        16 – 15 (2-5; 3-1; 3-4; 8-5)

CW SANTIAGO  C: DAVID RAPOSO, DANIEL TOME (2), RAMON TURNES, GUILLERMO CARRILLO (1), FRAN COLLAZO (3), NICOLAS COLLAZO, BRAIS RAPOSO (3), ARTAI ANTELO, MIGUEL ANGEL BARCA (6), BIEITO CARBALLO, RAUL SEOANE

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s