Nova xornada das ligas galegas para os equipos do Club Waterpolo Santiago, con desprazamento ata A Coruña para disputar tres encontros ante o Club Waterpolo As Mariñas, cun balance de dúas vitorias e unha derrota.
A xornada deu comezo co encontro na categoría alevín, derrota dos nosos máis pequenos que, a pesar do bo inicio de partido, no que os santiagueses colleron vantaxe, non puideron manter esa diferenza e acabaron caendo finalmente por un axustado e emocionante 7-6.
O segundo encontro da tarde enfrontou o noso equipo Alento infantil, que se levou o partido cun resultado final de 1-11, despois dun gran inicio de encontro no que os santiagueses adquiriron unha vantaxe de sete goles que souberon manter e aumentar, para acabar pechando o marcador no terceiro cuarto e dar minutos a todos os xogadores.
Por último, disputouse o encontro entre ambos os clubs na categoría cadete mixta, cunha cómoda vitoria para os santiagueses por un resultado final de 5-15. Partido resolto xa ao descanso, cando os santiagueses adquiriron unha vantaxe de seis goles que só aumentou ao rematar o encontro ata os dez goles finais.
