As categorías

EQUIPOS  ABSOLUTOS  “A”  e  “B”   (ano 1995  e  anteriores)

-Características:

Grupo formado polos deportistas de maior nivel e proxección no clube, adicado á competición máxima, participación  na  liga galega absoluta e como obxetivo conseguir o máximo rendimiento tanto individual como colectivo para acadar como meta estar nunha liga nacional.
Espacio utilizado para o físico sala pabellón Sta.Isabel, e auga 2 “calles” de 21.30 a 22 h traballo físico en auga, 4 “calles” de 22 a 22.30 h, traballo físico e técnico en auga e 6 “calles” de 22.30 a 23.15 h, traballo táctico, na piscina de Sta.Isabel.

-Actividades:

Todas as posibles dentro do clube, mais liga territorial 1ª e 2ª división e fase de ascenso a 2ª división nacional no caso de lograr a clasificación.

EQUIPO  CADETE   (Anos  1996  e  1997)

-Características:

Grupo de deportistas de 14, 15 e 16 anos previo ao paso á máxima categoría, o principal obxetivo deste grupo  é mediante os entrenos e as competicións preparalos de cara ao último paso antes de entrar a formar parte do grupo de máximo nivel ( equipos absolutos ), por este motivo xa entrenan conxuntamente en algúns momentos co equipo absoluto.

-Actividades:

Todas as competicións da súa categoría e introducción aos equipos aboslutos en diferentes fases da temporada, mais as actividades propostas polo clube. (Non oficiais)

-Horarios:

Lunes e xoves de 21.30 a 23.15 h traballo físico, técnico e táctico  en auga en Sta. Isabel, martes e venres en Sar traballo físico en seco i en auga ademáis de técnica en auga, de 19 a 21 h, e sábados traballo físico, técnico e táctico en auga de 12.45h a 14.45h.

EQUIPO  INFANTIL  (Años  1998  y  1999)

-Características:

Grupo intermedio de deportistas (12, 13 e 14 anos) que empezan ou participan na primeira liga de waterpolo xa con todas as normas do waterpolo como deporte. Continúan a súa progresión aumentando a carga de entreno en todas  as súas partes, ademáis de introducirlles a preparación física en seco, con exercicios co seu propio peso i exercicios técnicos con balón, para continuar traballando coa técnica individual. Seguen co traballo de mellora das habilidades acuáticas

-Actividades:

Competicións oficiais, liga galega e campionatos galegos de inverno e verán na súa categoría infantil, mais actividades propostas polo clube (non oficiais), entrenos de tecnificación coa federación galega de natación, na súa modalidade de waterpolo.

-Horarios:

Martes,  xoves e venres en Sar, físico e técnico en seco de 19 a 19.45h, físico, técnico en auga de 19.45h a 21h.

EQUIPO  ALEVÍN  (Año  2000  y  Posteriores)

-Características:

Grupo de deportitas de máximo once anos e menores  que empezan a participar nas actividades e disciplina do clube, básicamente, o seu traballo é principalmente de mellora, (adquirir un dominio das habilidades básicas acuáticas, favorecer o desenvolvemento físico e introducción, mediante diferentes xogos, ao  waterpolo.)

-Actividades:

Teñen unha liga alevín, con normas de waterpolo adaptadas, para a introducción deste deporte, ademáis das competicións non oficiais creadas polo clube. Algúns deles entran a formar parte tamén do equipo infantil do clube.

-Horarios:

Martes, xoves e venres de 19h a 20.30h e sábados de 12.15 a 13.30h.

EQUIPO  FEMININO

-Características:

Grupo formado por rapazas de diferentes idades cuxo obxetivo é participar nas competicións oficiais femininas do clube. O seu traballo de preparación vai enfocado á competición polo tanto teñen o mesmo traballo que calquera outra categoría masculina, traballo físico, técnico e táctico.

-Actividades:

As súas actividades oficiais, son a liga galega absoluta femenina de waterpolo  e a copa galega absoluta femenina, ademáis das non oficiais creadas polo clube.

-Horarios:

Luns  e xoves de 21.30h a 23.15 en Sta.Isabel e mércores de 21.30h a 23h en Sar.

NON  COMPETICIÓN

-Características:

Grupo de exdeportitas e xente que quere facer e practicar o deporte do waterpolo sen máis, xa sexa para manter  a relación co clube, ou polo mero feito de practicar deporte.

-Actividades:

Non oficiais propostas polo clube.

-Horarios:

Luns de 21.30h a 23.15h en Sta. Isabel, e mércores de 21.30h a 23.15 en Sar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s