CW Santiago asina un meritorio cuarto posto no Campionato Galego Cadete de Verán

O equipo compostelán destaca pola súa aposta polos xogadores novos e mantén o pulso en partidos igualados, malia caer nas semifinais e na loita polo bronce.

Inicio sólido na fase de grupos

O Club Waterpolo Santiago acadou a cuarta posición no Campionato Galego Cadete de Verán, disputado esta pasada fin de semana en Ferrol. O conxunto santiagués, que competiu no Grupo A, debutou cunha vitoria contundente fronte ao CW Coruña por 23-0.

“O equipo mostrou un gran nivel desde o comezo e soubo dar minutos aos xogadores máis novos, algo importante para a súa progresión”, sinalou o adestrador do club, quen destacou a “actitude e intensidade” dos seus xogadores malia o inicio de tempada.

Derrota ante o campión da liga

No segundo encontro da fase de grupos, o CW Santiago enfrontouse ao campión de liga, o CW Pontevedra. O duelo estivo marcado pola alternancia de fases de bo xogo e outras de menor intensidade, rematando cun 17-10 a favor dos pontevedreses.

Semifinal igualada ante o anfitrión

Coa segunda praza do grupo, o CW Santiago accedeu ás semifinais, onde se enfrontou ao CM Ferrol, anfitrión do campionato. O partido mantívose moi equilibrado ata o ecuador, pero a maior efectividade dos ferroláns nos dous últimos períodos resultou decisiva. O marcador final foi 11-6.

“O resultado non reflicte a igualdade que houbo na auga. Competimos de ti a ti, pero eles aproveitaron mellor as ocasións claras”explicou un dos xogadores composteláns tras o encontro.

Loita polo bronce contra o Náutico de Vigo

Na disputa polo terceiro posto, o CW Santiago medíuse ao Náutico de Vigo. De novo, o equipo de Santiago dominou o marcador ata a metade do encontro, pero a mellor definición dos vigueses deulles a vitoria por 15-11, deixando aos composteláns ás portas do podio.

Balance positivo e perspectiva de futuro

Malia non lograr medalla, o Club Waterpolo Santiago valora positivamente o seu papel. “O obxectivo é formar xogadores e ir medrando como equipo. Estes partidos axúdannos a detectar áreas de mellora e a preparar mellor a tempada”, concluíu o adestrador.

Con este resultado, o CW Santiago pecha a súa participación no campionato con dúas vitorias e dúas derrotas, mantendo a súa aposta pola base e sentando as bases para futuras competicións.

Campionato Galego Cadete Mixto de Verán 2025

O equipo viaxará a Ferrol cun grupo de 13 xogadores, preparados para dar o mellor de si:

  • Alejandro Insua
  • Rodrigo Carrillo
  • Didac Varela
  • Hugo Mata
  • Ariana Collazo
  • Carlota Pérez
  • Gabriel Vlad
  • Airas Caamaño
  • Guillermo Carrillo
  • Gael Caamaño
  • Noa Vieites
  • Alex González
  • Senen Cajaraville

Calendario de Partidos

📅 Sábado 27 de setembro

  • 15:30h → Convocatoria en Ferrol
  • 16:20hCW Santiago vs. CWC Rías Altas
  • 18:30hCW Pontevedra + CW Santiago

📅 Domingo 28 de setembro (en función dos resultados do sábado)

  • 10:30h → 1ª Semifinal
  • 11:40h → 2ª Semifinal
  • 12:50h → Partido polo 5º/6º posto
  • 16:15h → Partido polo 3º/4º posto
  • 17:30h → Final do campionato

Waterpolo Santiago, listo para o Campionato Galego Cadete Mixto de Verán 2025

O Waterpolo Santiago afronta con moita ilusión o Campionato Galego Cadete Mixto de Verán, que se disputará o sábado 27 e domingo 28 de setembro na Piscina Javier Gómez Noya de Ferrol. O torneo reunirá aos mellores equipos galegos da categoría, nunha fin de semana cargada de emoción e bo wáter-polo.

Calendario de Partidos

📅 Sábado 27 de setembro

  • 15:30h → Convocatoria en Ferrol
  • 16:20hCW Santiago vs. CWC Rías Altas
  • 18:30hCW Pontevedra + CW Santiago

📅 Domingo 28 de setembro (en función dos resultados do sábado)

  • 10:30h → 1ª Semifinal
  • 11:40h → 2ª Semifinal
  • 12:50h → Partido polo 5º/6º posto
  • 16:15h → Partido polo 3º/4º posto
  • 17:30h → Final do campionato

Convocatoria de xogadores

O equipo viaxará a Ferrol cun grupo de 13 xogadores, preparados para dar o mellor de si:

  • Alejandro Insua
  • Rodrigo Carrillo
  • Didac Varela
  • Hugo Mata
  • Ariana Collazo
  • Carlota Pérez
  • Gabriel Vlad
  • Airas Caamaño
  • Guillermo Carrillo
  • Gael Caamaño
  • Noa Vieites
  • Alex González
  • Senen Cajaraville

Chamamento á Afección

O club anima a familiares, amigos e simpatizantes a desprazarse a Ferrol para apoiar aos nosos cadetes e crear un gran ambiente nas bancadas. O seu ánimo será fundamental para que o equipo compita ao máximo nivel.

📍 Lugar: Piscina Javier Gómez Noya, Ferrol
📅 Datas: 27 e 28 de setembro de 2025
🏆 Obxectivo: Disfrutar, competir e seguir formando deportistas

O Club Waterpolo Santiago recibe o recoñecemento do Concello pola súa gran tempada

Hoxe 18/09/2025 o Concello de Santiago de Compostela tivo a amabilidade de recibirnos no Pazo de Raxoi para render homenaxe ao Club Waterpolo Santiago polo excelente traballo de todo o Club destacando as nosas categorías inferiores na tempada 24/25.

Club Waterpolo Santiago no Concello de Santiago de Compostela

Durante o acto, a alcaldesa e representantes da corporación municipal felicitaron a xogadores, adestradores e familias polos éxitos acadados e polo compromiso mostrado ao longo de todo o ano. Este recoñecemento é para nós unha gran honra e unha motivación para seguir traballando con ilusión polo desenvolvemento do waterpolo en Santiago.

As categorías inferiores do club demostraron un nivel extraordinario esta tempada, participando en ligas e torneos autonómicos e nacionais, e acadando resultados que nos enchen de orgullo. Máis alá das vitorias deportivas, este éxito é o reflexo do esforzo diario, do espírito de equipo e dos valores que queremos transmitir: respecto, sacrificio e paixón polo deporte.

Seguiremos traballando con esforzo e ilusión para representar con orgullo a cidade de Santiago en cada competición e levar o nome da nosa cidade por toda Galicia e o resto do Estado.

¡Grazas a todos por acompañarnos neste camiño e por crer no deporte como motor de unión, saúde e superación!

Campionato Galego Cadete

  • Os días 27 e 28 de setembro, disputarase na piscina Javier Gómez Noya de Ferrol, o Campionato Galego Cadete Mixto Xunta de Galicia de Wáter-Polo. Dará comezo o sábado as 15:15 horas coa fase preliminar. O domingo, xogaranse as semifinais as 10:30 horas e as finais a partir das 16:00 horas.

Gala – Federación Galega de Natación 2025

O próximo 11 de outubro,terá lugar a II Gala FEGAN onde a Xunta Directiva e a Comisión de Premiación de Federación Galega de Natación, deciden outorgar os premios e distincións polos resultados obtidos durante a tempada 2024/2025.

A entrada sera as 18:30h, no auditorio Reveriano Soutollo de Ponteareas.

TEMPADA 25 / 26

Se che gusta nadar e queres un deporte en equipo, ¡o waterpolo é para ti! Achegámoste ás nosas xornadas abertas para probar sen compromiso.

🏆 España conquista o mundo! Éxito histórico no Mundial de Waterpolo 2025

Campións do mundo: equipo masculino
O 24 de xullo de 2025, en Singapur, a selección masculina de waterpolo proclamouse campioa do mundo por cuarta vez tras vencer a Hungría nunha final memorable por 15‑13.
– Protagonistas da final: Á. Granados e B. Sanahuja brillaron con cinco e catro goles, respectivamente.
– Defensa sólida: Unai Aguirre foi clave baixo paus cunha actuación impecable.
– Despedida de lenda: Felipe Perrone puxo o broche final á súa carreira cun gol decisivo.

Con este triunfo, o equipo suma o seu cuarto título mundial despois dos acadados en Perth 1998, Fukuoka 2021 e Budapest 2022.

Bronce brillante: equipo feminino
A selección feminina tamén fixo historia ao acadar a medalla de bronce, superando a Estados Unidos por 13‑12 nun encontro moi igualado.
– A semifinal fronte a Hungría foi dura, pero o equipo soubo sobrepoñerse.
– Con seis caras novas, a mestura de xuventude e experiencia resultou decisiva.
– Xogadoras destacadas: a capitá Anni Espar e a porteira Martina Terré lideraron momentos clave.

España suma así a súa sexta medalla feminina en oito mundiais disputados, consolidándose como unha referencia internacional.

🎉 Parabéns ás seleccións masculina e feminina de waterpolo!
Ambos equipos demostraron que o talento, o esforzo e a paixón polo deporte seguen a elevar o nome de España no máis alto do panorama internacional. Un orgullo para o noso deporte acuático!

O CW Santiago pecha a tempada no VIII Torneo Internacional de Nigrán

O club compostelán finaliza a súa participación cun 4.º posto en categoría cadete e un 8.º en infantil mixto tras unha intensa fin de semana de competición.

Unha despedida competitiva para a tempada 2024-2025

O Club Waterpolo Santiago puxo fin á súa tempada deportiva esta pasada fin de semana coa participación dos seus equipos cadete e infantil mixto no VIII Torneo Internacional de Nigrán, celebrado entre os días 18 e 20 de xullo. A competición reuniu en terras pontevedresas a equipos de diferentes comunidades autónomas e mesmo do estranxeiro, consolidándose como unha das citas referenciais do verán para as categorías de base do waterpolo estatal.

Resultados contrastados para as dúas categorías

Na categoría infantil mixta, o CW Santiago quedou encadrado no grupo D, onde debutou cunha derrota ante o equipo catalán Wins Waterpolo por 4-11. Na segunda xornada da fase de grupos, os composteláns impuxéronse con claridade ao Waterpolo Murcia por 11-4, o que lles permitiu optar aos postos do 5.º ao 8.º lugar.

Xa na fase de cruces, o equipo infantil caeu derrotado ante o CW Pontevedra (10-0) e posteriormente fronte ao Club Waterpolo Océano, de Canarias (6-3), resultado que determinou a súa 8.ª posición final no torneo.

Na categoría cadete, o CW Santiago tivo un inicio prometedor. Encadrado tamén no grupo D, venceu con autoridade ao Urgara Txingudi Waterpolo, do País Vasco, por 11-4, e posteriormente ao CW Lugo cun marcador de 12-0. Estes resultados permitíronlle acceder á loita polos postos do 1.º ao 4.º lugar.

Porén, nas semifinais, os santiagueses perderon ante o CW Sestao (9-7) e tampouco puideron superar ao Marina Ferrol na final polo terceiro posto, cun axustado 8-7, finalizando finalmente cuartos.

Valoración positiva dende o CW Santiago

Desde o club compostelán fan unha lectura positiva da experiencia. O adestrador do equipo cadete, Xavi Pérez, destacou que “foi unha fin de semana intensa, onde os rapaces e rapazas deron o mellor de si. Competiron con equipos de gran nivel e a experiencia é moi enriquecedora para o seu desenvolvemento deportivo e persoal”.

“Levamos moitos meses de traballo, adestramentos e desprazamentos. Este torneo é tamén un recoñecemento a ese esforzo colectivo”.

Preparación para a vindeira tempada

Tras o torneo de Nigrán, o CW Santiago inicia agora un período de descanso estival antes de retomar a planificación da tempada 2025-2026, coa previsión de manter os equipos en competición autonómica, e seguir promovendo a formación e captación de novos xogadores.

O club prevé realizar xornadas de portas abertas no mes de setembro.

“Queremos que cada vez máis rapaces e rapazas poidan descubrir e desfrutar do waterpolo en Santiago”, conclúe Xavi Pérez

O RCN de Vigo acolle o VIII Torneo Internacional de Waterpolo con máis participación e proxección

A cita celebrarase en Nigrán do 18 ao 20 de xullo e reunirá equipos infantís e cadetes de distintos puntos de España e do estranxeiro

Sistema de competición adaptado ao número de equipos

O formato do torneo dependerá do número de equipos finalmente inscritos en cada categoría. A competición comezará o venres 18 de xullo pola tarde con partidos de fase de grupos, que continuarán durante a mañá do sábado 19. Pola tarde do sábado celebraranse as semifinais, mentres que o domingo 20 estarán reservadas para as finais. Os encontros constarán de dúas partes de 12 minutos de tempo continuo, segundo establece o regulamento interno da organización.

“Dúas categorías, un só obxectivo: dar o mellor de nós. Forza, Club Waterpolo Santiago!”