TORNEO INFANTIL WP CAMP BILBAO

O CW SANTIAGO PARTICIPA EN WP CAMP BILBAO

rana_logo

 

      O Club Waterpolo Santiago participou por terceiro ano consecutivo no IV Torneo WP Camp celebrado en Bilbao desde o 29 de marzo ata o 1 de abril en categoría infantil, torneo con equipos de Cataluña, País Vasco, Aragón, Comunidade Valenciana e Galicia, e onde os nosos mozos malia acabar en decimoquinta posición puideron gozar e xogar partidos ante equipos doutras comunidades co fin de mellorar e progresar o máximo posible.

Na primeira fase os santiagueses encadrados no grupo B xunto ao Askartza equipo bilbaíno, Santa Eulalia equipo catalán e os nosos homónimos de natación Coruña sufriron tres claras derrotas, aínda que con fases de bo xogo, derrotas que os enviaba cos equipos que xogarían do noveno ao decimosexto posto, xogando o primeiro cruzamento contra Leioa equipo tamén de Bilbao e no que sufriron a cuarta derrota, na loita polo posto trece ao dezaseis enfrontáronse á Náutica de Portugalete e ao Club Waterpolo Sestao, con derrota contra os primeiros por oito a catro e vitoria ante os segundos por un axustado cinco a catro que lles daba a decimoquinta praza final e un bo sabor de boca logo de acabar o torneo con vitoria.

      Obxectivo cumprido logo de pasar un gran fin de semana de waterpolo convivencia e sobre todo aprendizaxe esperando xa ao torneo da próxima tempada con ganas de cumprir todos os obxectivos posibles.

Bilbao

Equipo participante do CW Santiago

De pé: BRAIS RAPOSO (ADESTRADOR), ANGEL RODRIGUEZ, ROBERTO CARRO, ANXO PANERO, ANTONIO GARCIAS, HENOK MARTINEZ, XAVI PEREZ (ADESTRADOR)

Abaixo: CARLOS ORDOÑEZ, YAGO DIAZ, SAMUEL GONZALEZ, FERNANDO FERRER, UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA, MATEO LAMAS

patrocinadores