O waterpolo santiagués despídese das ligas cunha exhibición de resultados

O CW Santiago pecha a competición ligueira cunha gran fin de semana marcada polos bos resultados de todas as categorías

O Club Waterpolo Santiago puxo o broche final ás ligas galegas cun intenso fin de semana de competición no que os equipos composteláns disputaron un total de doce encontros, repartidos entre a piscina de Santa Isabel e o desprazamento á Coruña. O balance non puido ser máis positivo, con once vitorias e unha única derrota, confirmando o excelente momento deportivo que atravesa a entidade santiaguesa.

Santa Isabel viviu unha auténtica maratón de waterpolo

A primeira das xornadas celebrouse nas instalacións de Santa Isabel, onde se disputaron oito encontros ao longo de todo o día.

A sesión matinal abriu coa vitoria do equipo alevín A fronte ao CW Coruña por 11-1. Os santiagueses deixaron o partido moi encamiñado desde os primeiros minutos, cun gran inicio que lles permitiu adquirir unha ampla vantaxe. O encontro serviu tamén para que os xogadores con menos minutos seguisen acumulando experiencia competitiva.

A continuación chegou a quenda do infantil B, que tamén superou con claridade ao conxunto coruñés por 13-4. Os locais dominaron tanto o ritmo de xogo como o marcador durante todo o encontro, mostrando unha gran solidez nas dúas áreas.

O terceiro partido da mañá enfrontou aos dous equipos infantís do club nun atractivo derbi interno. O CW Santiago La Merenguela impúxose por 10-6 ao CW Santiago B nun encontro moi igualado durante boa parte do tempo regulamentario. Os da Merenguela lograron romper a igualdade nos cuartos e quintos períodos para acabar certificando unha vitoria que lles permitiu devolver a derrota sufrida no encontro da primeira volta.

A sesión matinal pechouse co duelo da División de Honra feminina. As xogadoras compostelás volveron demostrar o seu potencial cunha contundente vitoria por 24-1 fronte ao CW Coruña. O encontro estivo dominado de principio a fin polas santiaguesas, que mantiveron un elevado nivel de intensidade tanto en defensa como en ataque.

Xa pola tarde chegou a única derrota da fin de semana. O alevín B realizou un gran encontro ante o CW Coruña, pero acabou cedendo por un axustado 8-10. A diferenza física dos visitantes acabou sendo determinante nun partido moi competido e disputado ata os últimos minutos.

O infantil La Merenguela regresou posteriormente á piscina para enfrontarse novamente ao conxunto coruñés, logrando unha brillante vitoria por 11-1. A excelente defensa dos santiagueses e a súa eficacia ofensiva permitíronlles dominar con claridade o encontro e asegurar a terceira posición final na clasificación ligueira.

O equipo cadete tamén sumou unha nova vitoria tras superar ao CW Coruña por un contundente 26-2. O encontro quedou practicamente resolto xa no primeiro período, no que os locais abriron unha ampla diferenza que permitiu ao corpo técnico probar diferentes variantes de xogo de cara aos próximos compromisos.

A xornada concluíu co encontro da División de Honra masculina. Co subcampionato galego xa asegurado e coa Copa Galega conquistada meses atrás, o equipo absoluto masculino despediu a liga cun triunfo por 16-10. O encontro permitiu repartir minutos entre todos os xogadores e pechar a competición cun gran sabor de boca tras unha tempada moi destacada.

Pleno de vitorias na última saída da tempada

O peche definitivo das ligas galegas chegou coa visita á Coruña para disputar catro encontros máis, todos eles resoltos con vitoria compostelá.

O primeiro duelo correspondeu á categoría alevín. O CW Santiago impúxose ao CW Coruña por 12-15 nun encontro intenso e con moito ritmo. Os santiagueses mostraron unha gran eficacia ofensiva, aínda que concederon máis facilidades defensivas das habituais, o que provocou que o resultado fose máis axustado do previsto.

Na categoría infantil, o CW Santiago B venceu con autoridade ao seu rival coruñés por 3-13. Os composteláns marcaron diferenzas desde os primeiros minutos grazas ao seu acerto ofensivo e á súa seriedade defensiva, resultado que lles permitiu finalizar a competición nunha meritoria cuarta posición.

O encontro cadete non deu opción á sorpresa. O CW Santiago mostrou unha clara superioridade e impúxose por un contundente 1-31, nun partido dominado completamente polos visitantes.

A última cita ligueira da tempada correspondeu novamente ao infantil B, que se mediu ao ACW. Os santiagueses despediron a competición cunha nova vitoria por 3-13, nun encontro que serviu para continuar acumulando experiencia e minutos de xogo para os deportistas menos habituais.

Un gran peche para unha tempada para lembrar

Con estes resultados, o Club Waterpolo Santiago pon punto e final ás ligas galegas cun balance moi positivo en todas as categorías. O subcampionato da División de Honra masculina, o título da Copa Galega Absoluta Masculina, o excelente rendemento da División de Honra feminina e a progresión constante dos equipos de base confirman o bo traballo realizado durante toda a tempada por xogadores, xogadoras, adestradores e familias.

A entidade compostelá continúa consolidándose como unha das referencias do waterpolo galego, cun proxecto deportivo que segue medrando ano tras ano tanto en resultados como en formación.

Fin de semana intenso para os equipos do CW Santiago

Nova fin de semana cargada de encontros para os equipos do Club Waterpolo Santiago, cunha auténtica maratón de partidos tanto en Santa Isabel como nos desprazamentos a Coruña. Os santiagueses disputaron unha ampla programación de encontros en diferentes categorías, sumando varias actuacións destacadas e dúas importantes vitorias no peche da xornada.

A actividade comezou o sábado coa visita do RCN Vigo ás instalacións de Santa Isabel. A xornada deixou un balance complicado para os locais, con tres derrotas e un empate no último encontro do día.

O primeiro partido disputouse na categoría alevín, onde o CW Santiago B caeu derrotado por 2-12. O conxunto vigués impuxo o seu ritmo desde o inicio e, malia o esforzo dos locais, acabou levando unha vitoria clara.

Na categoría infantil, o CW Santiago La Merenguela realizou un bo comezo fronte ao segundo clasificado da liga, competindo de ti a ti durante os primeiros minutos. Porén, os erros ofensivos e algúns despistes defensivos permitiron aos visitantes abrir diferenzas no marcador ata establecer o definitivo 4-9.

O terceiro encontro correspondeu á categoría cadete mixta, cun RCN Vigo moi superior desde o inicio, que acabou vencendo con claridade por 4-19.

A xornada do sábado pechouse co duelo da División de Honra feminina, no que CW Santiago e RCN Vigo se xogaban a segunda posición da clasificación. Tal e como se agardaba, o encontro foi moi igualado durante os catro períodos e rematou cun empate 6-6, resultado que permite ás viguesas manter esa segunda praza.

O domingo continuou a intensa actividade cunha dobre xornada para os equipos santiagueses. Pola mañá disputáronse catro encontros en Santa Isabel, cun balance dunha vitoria e tres derrotas.

O primeiro duelo enfrontou ao CW Santiago B co CW Pontevedra Turuqoa en categoría alevín, cun triunfo visitante por 6-11. A pesar do resultado, os máis novos ofreceron unha boa imaxe, loitando ata o final sen baixar os brazos.

No segundo encontro da mañá, tamén en categoría alevín, o CW Pontevedra Teucro impúxose por 7-16. Os santiagueses mantiveron o partido igualado durante os dous primeiros cuartos, pero un forte parcial dos visitantes no terceiro período acabou sendo decisivo.

A alegría local chegou na categoría infantil, onde o CW Santiago B venceu con claridade ao CW Pontevedra Boa Vila por 14-4. O equipo santiagués dominou o encontro desde o inicio, ampliando diferenzas en cada cuarto ata conseguir unha merecida vitoria.

Na categoría cadete masculina, o CW Pontevedra levou o triunfo por 6-11. Un mal inicio dos locais permitiu aos visitantes abrir unha renda de cinco goles que os santiagueses non puideron recuperar, malia mellorar notablemente no aspecto defensivo durante a segunda metade.

Xa pola tarde, os equipos desprazáronse á Coruña para disputar os dous últimos encontros da fin de semana fronte ao ACW, ambos resoltos con cómodas vitorias santiaguesas.

Na categoría infantil, o CW Santiago venceu por un contundente 0-10 nun partido que quedou practicamente decidido no segundo cuarto, permitindo ademais repartir minutos entre todos os xogadores.

Para pechar a intensa fin de semana, o equipo cadete sumou unha nova vitoria por 10-1 nun encontro cómodo que serviu para que os xogadores máis novos continúen gañando experiencia competitiva.


Fin de semana espectacular para o CW Santiago

O Club Waterpolo Santiago completou unha intensa fin de semana de competicións cun balance moi positivo en todas as categorías, sumando numerosas vitorias, asegurando o subcampionato da Liga Galega Absoluta Masculina e deixando grandes sensacións tanto nos equipos de base como nos conxuntos absolutos.


O absoluto masculino asegura o subcampionato ligueiro

O venres 15 de maio, o equipo absoluto masculino recibiu en Santa Isabel ao Pabellón Ourense na penúltima xornada da Liga Galega Absoluta Masculina de División de Honra.

Tras un inicio igualado, os santiagueses impuxeron o seu ritmo de xogo e comezaron a abrir diferenzas xa desde o primeiro cuarto, chegando cunha vantaxe de catro goles ao final do mesmo. Cunha defensa sólida e un ataque moi efectivo, o CW Santiago foi aumentando progresivamente a renda ata pechar o encontro cun contundente 22-5.

Con esta vitoria, o equipo compostelán certifica matematicamente o subcampionato ligueiro a falta dunha xornada para o remate da competición.


Tripla vitoria ante o ACW en Santa Isabel

A actividade continuou o sábado coa visita do ACW ás instalacións de Santa Isabel, nunha xornada moi positiva para os equipos locais.

Liga Galega Alevín Mixta

Antes dos encontros fronte ao ACW disputouse o partido de volta entre os equipos A e B do club. O Santiago A levou a vitoria por 12-3 nun encontro dominado desde o inicio.

Infantil CWS La Merenguela

O conxunto infantil venceu con claridade por 10-0, nun partido no que todos os xogadores e xogadoras tiveron minutos para seguir progresando.

Cadete Mixto

Nova vitoria santiaguesa, tamén por 10-0, nun encontro marcado pola gran defensa local, que non concedeu ningún tanto ao rival.

Infantil Santiago B

A xornada pechouse cun novo triunfo local. O Santiago B impúxose por 12-2 nun encontro cómodo e controlado de principio a fin.


Dobre derrota en Vigo con gran competitividade

Tamén durante a fin de semana, os equipos alevín B e infantil La Merenguela desprazáronse a Vigo para disputar os seus respectivos encontros ligueiros.

O alevín B caeu por 8-5, mentres que o infantil perdeu por un axustado 6-4, en dous partidos moi igualados e emocionantes.

Malia as derrotas, ambos equipos demostraron carácter, intensidade e unha notable evolución no xogo, competindo ata o final ante rivais moi esixentes.


Pleno de vitorias ante o CW As Mariñas

A última xornada da fin de semana disputouse o domingo en Santa Isabel coa visita do CW As Mariñas, nunha mañá perfecta para os intereses do club santiagués, que sumou catro vitorias en catro encontros.

Alevín

O primeiro encontro da mañá rematou cunha clara vitoria local por 11-1, resultado que mantén ao equipo na segunda posición da clasificación.

O CW Santiago dominou o partido desde a defensa, sen dar opción ao conxunto coruñés. O encontro quedou practicamente decidido no segundo cuarto cunha vantaxe de cinco goles que os locais foron ampliando ata o resultado final.

Infantil

O equipo infantil conseguiu unha cómoda vitoria por 15-8 nun encontro que xa dominaba claramente ao descanso cunha renda de seis goles. Todos os xogadores dispuxeron de minutos para seguir demostrando a súa progresión.

Absoluto feminino DH

O equipo absoluto feminino sumou tamén un contundente triunfo por 23-3 nun encontro decidido practicamente ao descanso grazas á superioridade local.

A ampla vantaxe permitiu repartir minutos entre as xogadoras máis novas, que continúan acumulando experiencia competitiva.

Cadete Mixto

A xornada pechouse cunha nova vitoria do cadete mixto por 15-2. Un gran inicio de partido permitiu aos santiagueses abrir unha vantaxe de cinco goles moi cedo, facilitando posteriormente a rotación e o reparto de minutos entre os xogadores menos habituais.


Resultados da fin de semana

Venres

  • Absoluto Masculino DH | CW Santiago 22 – 5 Pabellón Ourense

Sábado

  • Alevín Mixto | Santiago A 12 – 3 Santiago B
  • Infantil La Merenguela 10 – 0 ACW
  • Cadete Mixto | CW Santiago 10 – 0 ACW
  • Infantil Santiago B 12 – 2 ACW
  • Alevín B | Vigo 8 – 5 CW Santiago
  • Infantil La Merenguela | Vigo 6 – 4 CW Santiago

Domingo

  • Alevín | CW Santiago 11 – 1 CW As Mariñas
  • Infantil | CW Santiago 15 – 8 CW As Mariñas
  • Absoluto Feminino DH | CW Santiago 23 – 3 CW As Mariñas
  • Cadete Mixto | CW Santiago 15 – 2 CW As Mariñas

O CW Santiago suma catro vitorias nun intenso dobre compromiso das ligas galegas

O conxunto compostelán pechou a fin de semana con bos resultados nas categorías de base, mentres o primeiro equipo masculino acadou o subcampionato ligueiro tras caer ante o CW Pontevedra

O Club Waterpolo Santiago completou unha intensa fin de semana de competición nas ligas galegas de waterpolo cun balance global de catro vitorias e dúas derrotas en seis encontros disputados entre o venres e o sábado.

A xornada estivo marcada pola derrota do equipo absoluto masculino fronte ao Club Waterpolo Pontevedra no encontro que decidía o liderado da División de Honra galega, así como polos bos resultados acadados polos equipos de categorías inferiores nas instalacións de Santa Isabel.

O primeiro equipo masculino, adestrado por Xavi Pérez, pechou finalmente a competición ligueira na segunda posición tras perder por 10-14 diante do conxunto pontevedrés nun partido determinante para o título.

Pola súa banda, os equipos de base dirixidos por Ceci Cobas volveron amosar unha notable progresión competitiva, especialmente nas categorías alevín.


O Pontevedra impón o seu ritmo no duelo polo liderado

A actividade competitiva comezou na noite do venres co encontro correspondente á categoría absoluta masculina de División de Honra galega. O partido, disputado en Santiago, enfrontaba aos dous primeiros clasificados da competición e resultaba decisivo para determinar a primeira praza da liga.

O Club Waterpolo Pontevedra aproveitou un inicio dubitativo do equipo local para adquirir unha vantaxe de catro goles nos primeiros minutos, diferenza que acabou resultando determinante no desenlace do encontro.

A pesar da reacción compostelá, os visitantes souberon manter a iniciativa no marcador durante boa parte do choque.

O CW Santiago conseguiu reducir a distancia ata os dous tantos ao comezo do terceiro período, momento no que os locais parecían recuperar opcións de remontada. Porén, varios erros defensivos impediron consolidar a reacción e permitiron ao conxunto pontevedrés volver ampliar a súa renda ata o definitivo 10-14.

Malia a derrota, o equipo santiagués pecha a tempada cun subcampionato que o club considera meritorio debido ás dificultades vividas ao longo do curso. Segundo fontes da entidade, as condicións de adestramento durante a tempada condicionaron a preparación do primeiro equipo en distintos momentos da competición.

O técnico Xavi Pérez destacou ao remate do encontro “o esforzo e o compromiso do grupo durante toda a tempada”, subliñando tamén “a capacidade do equipo para competir ata o final ante un rival de máximo nivel”.


A base mantén unha evolución positiva en Santa Isabel

A segunda xornada do fin de semana desenvolveuse o sábado nas instalacións de Santa Isabel, onde se disputaron cinco encontros das categorías inferiores do club compostelán.

O primeiro partido da mañá correspondeu á categoría alevín, co equipo B do CW Santiago medíndose ao CW As Mariñas. O conxunto visitante impúxose por 2-10 nun encontro no que, a pesar do resultado, o corpo técnico santiagués valorou positivamente a intensidade e a evolución dos xogadores máis novos da entidade.

A adestradora Ceci Cobas sinalou tras o partido que “os resultados son secundarios nestas idades” e puxo o foco “na progresión técnica e competitiva que o grupo está demostrando en cada xornada”.


Clara superioridade do infantil mixto da Merenguela

O segundo encontro da sesión deixou unha das actuacións máis completas da xornada para o CW Santiago. O equipo infantil mixto CWS A Merenguela superou con claridade ao CW As Mariñas por 15-6 nun partido dominado polos locais desde os primeiros minutos.

O cadro santiagués iniciou o choque cun parcial favorable de catro goles no primeiro cuarto, unha vantaxe que foi ampliando progresivamente ao longo do encontro grazas á intensidade defensiva e á eficacia ofensiva mostrada polo equipo.

A superioridade local mantívose durante os catro períodos, permitindo ao equipo controlar o ritmo do partido e asegurar unha vitoria que consolida ao grupo nas posicións altas da clasificación galega.


O líder supera ao infantil B compostelán

No terceiro encontro da xornada, o equipo infantil B do CW Santiago afrontou un esixente compromiso fronte ao líder da competición, o CW Pontevedra Rías do Sur.

A pesar do esforzo realizado polo equipo santiagués, o cadro pontevedrés impuxo a súa maior experiencia e potencial competitivo para levar o triunfo por 2-12.

O marcador, con todo, non empañou o traballo desenvolvido polos xogadores composteláns, que conseguiron manter a intensidade durante boa parte do partido ante un dos rivais máis fortes da categoría.

Desde o corpo técnico destacouse especialmente a actitude competitiva do equipo e a capacidade dos xogadores para manter a concentración mesmo nos momentos máis complicados do encontro.


Nova vitoria do CWS A Merenguela para seguir na zona alta

O cuarto encontro da sesión volveu ter como protagonista ao CW Santiago da Merenguela, que asinou a súa segunda vitoria da xornada ao derrotar ao CW Pontevedra Boa Vila por outro contundente 15-6.

Do mesmo xeito que acontecera no duelo anterior fronte As Mariñas, o conxunto santiagués dominou o partido desde os primeiros compases, adquirindo unha vantaxe inicial de tres goles que foi incrementando progresivamente ata alcanzar a diferenza final.

O triunfo permite ao equipo compostelán continuar situado entre os primeiros postos da clasificación, consolidando unha dinámica positiva nun tramo importante da tempada.

Segundo explicou Xavi Pérez, “o equipo está demostrando unha gran capacidade de aprendizaxe e unha evolución constante tanto no aspecto táctico como no colectivo”.


Un derbi interno para pechar a xornada

A actividade competitiva do sábado concluíu cun encontro entre os equipos A e B santiagueses, nun duelo interno que serviu para pechar unha intensa fin de semana de competición.

O equipo A acabou levando a vitoria, aínda que tivo que empregar esforzo para superar a resistencia e intensidade mostradas polos xogadores máis novos do club. O encontro destacou polo ritmo competitivo e pola igualdade en diferentes fases do partido.

Desde o club compostelán valorouse especialmente o crecemento das categorías inferiores e o número de xogadores que continúan incorporándose á práctica do waterpolo en Santiago, un contexto que a entidade considera fundamental para garantir a continuidade deportiva nos vindeiros anos.

O balance global da fin de semana deixa ao Club Waterpolo Santiago cunha valoración positiva tanto polos resultados obtidos como pola evolución mostrada polos seus equipos de formación. A entidade compostelá continuará nas próximas semanas coa súa participación nas competicións autonómicas, mantendo o obxectivo de consolidar o traballo desenvolvido tanto no primeiro equipo como na base.

Tres vitorias consolidan a progresión do Club Waterpolo Santiago nunha nova xornada de liga

Os equipos composteláns asinan un balance positivo fronte ao CM Ferrol e manteñen boas posicións nas clasificacións galegas

O Club Waterpolo Santiago completou unha nova xornada de competición ligueira con resultados maioritariamente favorables tras enfrontarse ao CM Ferrol en tres categorías distintas. O balance global foi de tres vitorias e unha derrota, nunha sesión que deixou sinais positivas tanto no rendemento inmediato como na evolución deportiva das categorías base e absolutas.

Segundo datos da Federación Galega de Natación, o waterpolo galego continúa a experimentar un crecemento sostido nos últimos anos, especialmente nas categorías inferiores, onde clubs como o compostelán están a consolidar estruturas formativas estables. Esta xornada exemplifica esa tendencia, cun protagonismo repartido entre equipos en formación e conxuntos máis experimentados.

Derrota con aprendizaxe na categoría alevín

O primeiro encontro da xornada correspondeu á categoría alevín, onde o equipo B do conxunto santiagués caeu por 5-11 fronte ao combinado ferrolán. O partido comezou cunha notable igualdade no xogo, con alternancia de ocasións e un ritmo equilibrado nos dous primeiros períodos.

Equipo Mixto Alevín B – do CWS

Non obstante, a partir do terceiro cuarto, a maior capacidade física do equipo visitante marcou diferenzas no marcador. O cadro local, a pesar do resultado adverso, mantivo unha actitude competitiva ata o final, mostrando progresos no posicionamento defensivo e na circulación de balón.

A adestradora das categorías inferiores, Ceci Cobas, sinalou tras o encontro que “este tipo de partidos son fundamentais para o crecemento das xogadoras e xogadores, porque permiten identificar aspectos a mellorar en situación real de competición”. Segundo explicou, o obxectivo principal nestas idades céntrase “na adquisición de experiencia e na comprensión do xogo máis alá do resultado”.

Superioridade clara na categoría infantil

O segundo partido da xornada trouxo a primeira vitoria para o conxunto local. O equipo CW Santiago A Merenguela impúxose con claridade ao rival por 12-2 nun encontro que foi de menos a máis para os composteláns.

Durante o primeiro período, o equipo local amosou certas imprecisións ofensivas, con varias ocasións erradas en situacións claras de gol. Porén, a solidez defensiva permitiu manter o control do partido. A partir do segundo tempo, a mellora na eficacia de cara á portería rival traduciuse nunha vantaxe progresiva que acabou sendo definitiva.

Equipo Mixto Infantil CWS La Merenguela

Fontes técnicas do club destacan que a evolución deste grupo responde a un traballo continuado ao longo da tempada, cun incremento na intensidade dos adestramentos e unha mellora na coordinación colectiva. Estes factores explican, segundo os datos recollidos polo propio club, o incremento na media de goles por partido respecto á primeira volta da liga.

Reacción do equipo absoluto feminino

No terceiro encontro, correspondente á categoría absoluta feminina, o equipo santiagués acadou unha vitoria contundente por 20-5 fronte ao conxunto ferrolán. Este resultado supón un punto de inflexión tras dúas derrotas consecutivas nas xornadas anteriores.

Desde o inicio, o dominio do Club Waterpolo Santiago equipo feminino foi evidente, cun alto ritmo de xogo e unha gran eficacia ofensiva. A diferenza no marcador ampliouse de maneira constante ao longo dos períodos, reflectindo a superioridade local tanto en defensa como en ataque.

Carlota Pérez . Xogadora Cadete e absoluta do CWS

O adestrador das categorías superiores, Xavi Pérez, destacou que “o equipo respondeu cun alto nivel de concentración e intensidade, especialmente tras os resultados adversos previos”. Ademais, engadiu que “a clave estivo na capacidade para recuperar o control do xogo e manter a disciplina táctica durante todo o encontro”.

Enfrontamento interno con igualdade competitiva

A xornada pechouse cun encontro entre dous equipos do propio club na categoría infantil: o CW Santiago B e o CW Santiago A Merenguela. O partido mantívose moi igualado ata o cuarto período, ao que ambos conxuntos chegaron cun empate a cinco goles.

Nos dous últimos tempos, a maior eficacia ofensiva do equipo B resultou determinante para inclinar o marcador ao seu favor, que rematou cun 8-5 final. A pesar da derrota, o equipo A mantivo unha boa dinámica de xogo, evidenciando o nivel competitivo interno do club.

Este tipo de enfrontamentos, segundo fontes técnicas, permiten avaliar o progreso dos xogadores en igualdade de condicións e reforzar aspectos tácticos en contexto competitivo. Ademais, contribúen a manter a motivación e o rendemento en ambos grupos.

Contexto e proxección na tempada

Os resultados desta xornada sitúan aos equipos do club en posicións destacadas nas súas respectivas clasificacións, especialmente nas categorías infantil e absoluta feminina. A regularidade mostrada ao longo da tempada confirma a consolidación do proxecto deportivo da entidade compostelá.

A evolución dos equipos nas próximas xornadas será determinante para definir as súas aspiracións na competición. Mentres tanto, o balance desta sesión reflicte un rendemento sólido e unha progresión sostida tanto a nivel colectivo como individual.

O CW Santiago suma catro vitorias nunha intensa dobre xornada ligueira

Os equipos composteláns alternan triunfos e derrotas ante RCN Vigo e CW Pontevedra nunha fin de semana de alta esixencia competitiva

O Club Waterpolo Santiago completou este sábado 25 de abril unha dobre xornada de competición nas instalacións de Santa Isabel, cun balance global de catro vitorias e catro derrotas entre os seus diferentes equipos. A actividade concentrouse en sesión de mañá ante o Real Club Náutico de Vigo e pola tarde fronte ao Club Waterpolo Pontevedra, nunha cita que puxo de manifesto a evolución competitiva do conxunto santiagués en todas as categorías.

O resultado máis destacado da xornada chegou da man do equipo absoluto masculino de División de Honra, que se impuxo por 13-11 ao conxunto vigués, un triunfo que lle permite situarse na segunda posición da clasificación a falta dun encontro decisivo. Xunto a esta vitoria, o equipo alevín A logrou dous triunfos (12-7 e 12-2), mentres que o cadete tamén sumou cun contundente 20-2.

Resultados da sesión matinal ante Vigo

A xornada comezou pola mañá cos enfrontamentos ante o conxunto vigués. En categoría alevín, o – CW Santiago A – impúxose por 12-7 nun partido equilibrado durante boa parte do encontro. Os locais mantiveron a iniciativa no marcador e consolidaron a vantaxe no último cuarto grazas a unha mellora defensiva e ao acerto ofensivo.

En categoría infantil, o equipo compostelán caeu por un axustado 8-9. Tras un inicio desfavorable, os santiagueses lograron recortar distancias nos últimos períodos e estiveron preto de remontar o encontro.

O peche da mañá correspondeu ao equipo absoluto masculino, que, pese a mostrar debilidades defensivas, logrou levar o partido ante Vigo cun resultado de 13-11. Segundo explicou o adestrador das categorías superiores, Xavi Pérez, “o equipo soubo competir nos momentos clave e manter a calma pese aos erros”.

Enfrontamentos da tarde ante Pontevedra

Xa na sesión vespertina, o CW Santiago recibiu ao conxunto pontevedrés nunha serie de cinco encontros. O balance foi de dúas vitorias e tres derrotas.

O primeiro partido, en categoría alevín B, rematou cunha derrota por 1-10 ante o líder da clasificación. A continuación, o alevín A acadou unha clara vitoria por 12-2, consolidando a súa posición na parte alta da táboa.

Na categoría infantil, o equipo local non puido superar ao líder e caeu por 1-11. A pesar do resultado, o corpo técnico destacou a mellora no xogo colectivo e na intensidade defensiva.

O equipo cadete protagonizou unha das actuacións máis destacadas da xornada, cunha vitoria contundente por 20-2, nun encontro que permitiu dar minutos a xogadores menos habituais.

Finalmente, o equipo absoluto feminino perdeu por 5-8 nun partido equilibrado, condicionado polas baixas. As santiaguesas comezaron por diante no marcador, pero o acerto ofensivo das visitantes no terceiro período resultou determinante.

Contexto competitivo e próximos retos

A competición galega de waterpolo continúa avanzando cara á súa fase decisiva. No caso do equipo absoluto masculino, a loita pola primeira posición manterase aberta ata a última xornada, mentres que nas categorías inferiores o foco segue posto na formación e consolidación dos grupos.

Segundo datos da Federación Galega de Natación, o número de licenzas federativas en waterpolo mantense estable na comunidade, cunha tendencia á alza nas idades máis temperás, o que reforza o papel dos clubs como o CW Santiago na promoción deste deporte.

Balance xeral da xornada

A dobre cita competitiva deixou un balance equilibrado para o conxunto compostelán, combinando resultados positivos con aprendizaxes en categorías en desenvolvemento. A capacidade de resposta en partidos axustados e a progresión das categorías base confirman a evolución do club nesta tempada.

Con novos compromisos no horizonte, o CW Santiago afronta as próximas semanas coa vista posta na consolidación dos seus equipos e na mellora continua do rendemento deportivo.