DIVISIÓN DE HONRA MASCULINA

Vitoria sufrida do CW Santiago nun duelo equilibrado decidido pola defensa

O 6-9 final reflicte un encontro moi axustado, con protagonismo do traballo defensivo.

O último partido da xornada deixou outra vitoria para o CW Santiago na División de Honra masculina, cun 6-9 fronte ao CW Coruña nun encontro caracterizado pola igualdade e polo escaso acerto ofensivo en ambos bandos.

A pesar das dificultades en ataque, o equipo santiagués soubo manter a vantaxe grazas a un sólido bloque defensivo e a varias intervencións decisivas do porteiro nos minutos finais.

Xavi Pérez fixo balance ao remate:

“Non foi o noso mellor día en ataque, pero o equipo soubo competir e sacar adiante un partido moi esixente.”

Segundo os rexistros estatísticos da liga autonómica, o CW Santiago figura entre os equipos con menor número de goles encaixados nesta tempada, un dato que confirma a relevancia do traballo defensivo como sinal de identidade.

Absoluta Masculina | Vitoria 11–16

O último encontro do desprazamento correspondeu ao Absoluto masculino de División de Honra, que pechou a xornada cun triunfo importante por 11–16. O inicio foi complicado: dous erros defensivos provocaron un temperán 2–0 en contra, obrigando ao equipo a reaxustar o seu plan táctico.

A partir de mediados do primeiro cuarto, os axustes defensivos comezaron a dar resultado e o equipo non só igualou o marcador, senón que logrou poñerse por diante antes de finalizar o período. Desde entón, os santiagueses non volveron perder a vantaxe.

“A reacción foi moi boa. Subimos a intensidade defensiva, afinamos a circulación en ataque e, a partir de aí, levamos o control do partido”, destacou Xavi Pérez.

O triunfo consolida ao equipo na súa dinámica de crecemento e reforza a confianza para os próximos compromisos ligueiros.

Absoluto Masculino DH – CW SANTIAGO

Absoluto Masculino DH (Sábado en Pontevedra): Derrota enganosa no debut ligueiro

Na categoría Absoluta Masculina de División de Honra, o CW Santiago caeu por 10–5 no seu debut ligueiro en Pontevedra. O resultado final non reflecte con exactitude o desenvolvemento dun encontro igualado, intenso e cheo de alternancias, no que os santiagueses fixeron méritos para un marcador máis axustado.

Durante boa parte do partido mantívose un duelo equilibrado, con alternancia de ocasións e defensa sólida por ambas partes. Porén, a maior eficacia do equipo pontevedrés de cara á portería nos momentos decisivos acabou inclinando o resultado ao seu favor.

A pesar da derrota, o xogo mostrado polos santiagueses deixa sensacións positivas para o resto da tempada, demostrando que o equipo está preparado para competir ao máximo nivel.

Absoluto Masculino DH (Domingo en Vigo): Reacción contundente e primeira vitoria da tempada

A resposta do equipo absoluto non puido ser mellor na xornada do domingo en Vigo. O CW Santiago impúxose con autoridade ao Náutico de Vigo por un claro 7–19, nun partido dominado de principio a fin polos visitantes. O equipo entrou ao encontro cunha mentalidade renovada, imprimindo un ritmo moi alto e mostrando unha gran claridade ofensiva.

A defensa tamén estivo a un nivel excelente, impedindo que o Náutico atopase espazos e obrigando ao rival a ataques longos e pouco efectivos. O triunfo permite ao CW Santiago sumar os primeiros puntos da tempada e reforzar a confianza do grupo tras un inicio esixente.

Esta vitoria marca unha liña a seguir e confirma que o equipo ten capacidade para competir e aspirar a máis.

Rematadas as Ligas Masculina e Feminina de División de Honra sen disputar os play-offs

Vitoria ante o CW Orense: O CW Santiago pecha a fase regular cun triunfo

Nova xornada das ligas galegas para o CW Santiago, que recibiu nas súas instalacións de Santa Isabel ao CW Ourense para disputar o último encontro da fase regular da DH absoluta masculina. Un enfrontamento que, a pesar das numerosas baixas no equipo santiagués, logrou resolverse cunha vitoria importante para os locais, que se impuxeron por un axustado 7-5.

Absoluto Masculino – CWS

O partido comezou cunha gran intensidade, con ambos equipos loitando por cada balón. A clave do encontro estivo na defensa local, que se amosou sólida desde o principio, sabendo contrarrestar as accións ofensivas do rival. Aínda que o ataque do CW Santiago non estivo no seu mellor nivel nos primeiros tres cuartos, a consistencia defensiva permitiu que o equipo se mantivese no partido, sen perder a concentración nin o ritmo.

Andrés Pérez xogador do CW SANTIAGO

O equipo de Ourense non se rendeu facilmente e, a pesar de manter a diferenza axustada no marcador, non puideron frenar o empuxe final dos santiagueses. Xa no último cuarto, a maior capacidade física e a efectividade no ataque dos locais decidiron o encontro. Cun xogo máis fluído e preciso nesta última parte, o CW Santiago logrou despegarse no marcador e asegurar a vitoria por 7-5, pechando así a fase regular cun resultado positivo.

Este triunfo non só demostra a solidez do CW Santiago, tamén a capacidade do equipo para sacar adiante os partidos en momentos difíciles, a pesar das baixas. Os santiagueses afrontan a seguinte fase con confianza e seguridade.

DERROTA ANTE PONTEVEDRA

Partido do domingo 23-3-25. Absolutos Mascu.DH do CW SANTIAGO


Desprazamento do equipo absoluto masculino de DH a Pontevedra. Este domingo disputouse a penúltima xornada da fase regular da liga galega, a pesar da intranscendencia do encontro,para o Santiago, terceiro na clasificación, disputaron un partido con dúas metades moi diferentes, Dous primeiros cuartos de gran presión defensiva para chegar ao descanso cun empate a catro, e unha segunda metade do encontro onde a desconexión en ataque e os numerosos erros defensivos provocaron un marcador parcial de oito cero, os locais acabaron levando o partido por 12 goles a 4.

 O CW MASCULINO ABSOLUTO DH DE SANTIAGO SEGUE DEMOSTRANDO O SEU PODER.

O equipo masculino absoluto DH do CW Santiago segue en estado de graza e sumou outra rotunda vitoria na liga galega. No seu enfrontamento ante o CW Coruña, o equipo de Santiago non deixou lugar a dúbidas e gañou cun aplastante 18-3.
Desde o inicio do encontro, o CW Santiago impuxo o seu ritmo e amosou unha superioridade incuestionable. Cunha defensa insuperable e un ataque letal, os locais pecharon o partido sen darlle ningunha opción ao seu rival.

Este resultado confirma a excelente forma do equipo, que segue acumulando vitorias no seu camiño cara ao campionato. Con este nivel de xogo, o equipo de Santiago consolídase como referente na competición.

RECITAL DO CW SANTIAGO ABSOLUTO MASCU.DH

CW Santiago – Absoluto Masculino DH

Recital do CW Santiago na División de Honra masculina.
O equipo absoluto do CW Santiago compuxo un auténtico recital en Santa Isabel, derrotando ao Náutico de Vigo por un rotundo 21-8. Os locais comezaron con forza, adiantándose dende o primeiro cuarto, aínda que a falta de acertos ofensivos impediu que a vantaxe fose maior. Con todo, a medida que avanzaba o encontro, o equipo de Santiago agudizou a súa puntería e desatou o seu potencial ofensivo, ampliando a diferenza a seis goles ao final do terceiro cuarto. No último período, o festival ofensivo continuou, pechando unha rotunda vitoria que reafirma o seu bo momento.

Exhibición e confianza para a Copa.

Vitoria por 4-27 en Lugo

O ultimo partido disputouse na categoria absoluta masculina DH. O alto ritmo de xogo dende o inicio do encontro levounos a unha vitoria concluínte por 4-27. Sen dúbida, o mellor partido da tempada ata o de agora! 💪🔥 Este resultado dálle ao equipo un extra de confianza para afrontar con ilusión a Copa Galega Absoluta, que se disputará a próxima fin de semana en As Pontes.

Absoluto masculino DH.

“CW Santiago bate primeiro, pero CM Ferrol leva a victoria

Nova xornada das ligas galegas.

Nova xornada das ligas galegas para o CW Santiago, recibiron ao CM Ferrol nas instalacións de Santa Isabel. O partido disputouse na categoría absoluta masculina de DH a pesar do bo comezo dos locais, un curtocircuíto de cinco minutos no segundo cuarto puxo por diante aos visitantes, que xa non perderon a vantaxe e acabaron levando o encontro por un claro 7-12.