Partido do domingo 23-3-25. Absolutos Mascu.DH do CW SANTIAGO
Desprazamento do equipo absoluto masculino de DH a Pontevedra. Este domingo disputouse a penúltima xornada da fase regular da liga galega, a pesar da intranscendencia do encontro,para o Santiago, terceiro na clasificación, disputaron un partido con dúas metades moi diferentes, Dous primeiros cuartos de gran presión defensiva para chegar ao descanso cun empate a catro, e unha segunda metade do encontro onde a desconexión en ataque e os numerosos erros defensivos provocaron un marcador parcial de oito cero, os locais acabaron levando o partido por 12 goles a 4.
O equipo masculino absoluto DH do CW Santiago segue en estado de graza e sumou outra rotunda vitoria na liga galega. No seu enfrontamento ante o CW Coruña, o equipo de Santiago non deixou lugar a dúbidas e gañou cun aplastante 18-3. Desde o inicio do encontro, o CW Santiago impuxo o seu ritmo e amosou unha superioridade incuestionable. Cunha defensa insuperable e un ataque letal, os locais pecharon o partido sen darlle ningunha opción ao seu rival.
Este resultado confirma a excelente forma do equipo, que segue acumulando vitorias no seu camiño cara ao campionato. Con este nivel de xogo, o equipo de Santiago consolídase como referente na competición.
Recital do CW Santiago na División de Honra masculina. O equipo absoluto do CW Santiago compuxo un auténtico recital en Santa Isabel, derrotando ao Náutico de Vigo por un rotundo 21-8. Os locais comezaron con forza, adiantándose dende o primeiro cuarto, aínda que a falta de acertos ofensivos impediu que a vantaxe fose maior. Con todo, a medida que avanzaba o encontro, o equipo de Santiago agudizou a súa puntería e desatou o seu potencial ofensivo, ampliando a diferenza a seis goles ao final do terceiro cuarto. No último período, o festival ofensivo continuou, pechando unha rotunda vitoria que reafirma o seu bo momento.
O ultimo partido disputouse na categoria absoluta masculina DH. O alto ritmo de xogo dende o inicio do encontro levounos a unha vitoria concluínte por 4-27. Sen dúbida, o mellor partido da tempada ata o de agora! 💪🔥 Este resultado dálle ao equipo un extra de confianza para afrontar con ilusión a Copa Galega Absoluta, que se disputará a próxima fin de semana en As Pontes.
Nova xornada das ligas galegas para o CW Santiago, recibiron ao CM Ferrol nas instalacións de Santa Isabel. O partido disputouse na categoría absoluta masculina de DH a pesar do bo comezo dos locais, un curtocircuíto de cinco minutos no segundo cuarto puxo por diante aos visitantes, que xa non perderon a vantaxe e acabaron levando o encontro por un claro 7-12.
De novo xornada das ligas galegas de waterpolo para o CW Santiago, catro encontros disputáronse nas instalación de Santa Isable ante o Real Club Naútico de Vigo, con vitorias do equipo absoluto masculino, absoluto femenino e infantil mixto, e unha derrota en categoría cadete mixta.
Xorana intensa e moi importante antes os vigueses que tanto en categoría absoluta masculina como en absoluta femenina se xogagan as súas opción na loita polo título de liga. A xornada deu comezo coa disputa do encontró en categoría absoluta masculina división de honra, encontró no que despois do primeiro cuarto con alternativas no marcador ó que se chegou con ventaxa local un gol arriba, os santiagueses conseguiron distanciarse no marcador no segundo cuarto, aumentando a súa ventaxa ata cinco goles no terceiro cuarto, para acabar mantendo a diferencia no último e definitivo cuarto, levándose o encontró por un resultado final de once a seis, que os fai seguir mantendo as opción intactas polo loita do título de liga.
O segundo enfrontamento foi en catergoría infantil mixta, donde os locais leváronse unha cómoda vitoria por doce goles a catro que lles fai seguir ó fronte da clasificación.
O terceiro encontró disputado foi en categoría cadete misxta, donde o noso cadete masculino pouco poido facer ante un dos favoritos polo título, caendo derrotados por un claro dous a dez.
Por último disputouse o encontró en categoría absoluta femenina, de novo partido moi importante xa que as locais tamén se disputaban seguir tendo opción de loitar polo título, partido moi igualado que se resolveu no último cuarto, caendo de lado das locais por un resultado final de dez goles a oito.
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISION HONRA
Sábado 18 de febreiro de 2023
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 11 – 6 (3-2; 4-2; 3-1; 1-1)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, JORGE RODRIGUEZ (1), RAFAEL E. RAMOS, ANDRES PEREZ (4), ANTONIO GARCIA, PABLO PIÑEIRO (4), JESUS PEREZ, ANTONIO CAAMAÑO (1), CARLOS ORDOÑEZ, XANDRE RODRIGUEZ, BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA, SAMUEL GONZALEZ
LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMENINA DIVISION DE HONRA
Sábado 18 de febreiro de 2023
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 10 – 8 (0-1; 2-4; 4-2; 3-1)
CW SANTIAGO: IRENA ORDOÑEZ, ISABEL PEREZ (5), LAURA SANLUIS, ROSALIA REY (1), VICTORIA LANDEIRA, ARIANA COLLAZO (3), EMMA SANTAMARIA, CANDELA RUBAL, SARAY GUILBERT, ANDREA FERNANDEZ, SOFIA PEREZ (1), CECILIA COBAS
CW SANTIAGO MASCULINO – RCN DE VIGO 2 – 10 (0-1; 2-2; 0-4; 0-3)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL, NICOLAS COLLAZO, SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), ARTAI ANTELO, BRUNO PEREZ, ANTON FAGUNDEZ, GUILLERMO CARRILLO (1), GABRIEL BALSA, SAUL PAPIN, ALEXANDRE GONZALEZ
Nova xornada das ligas galegas de waterpolo para o CW Santiago, tres encontros disputados nas instalacións de Santa Isabel ante o club Marina Ferrol, con vitorias do equipo absoluto feminino e absoluto masculino, e unha dura derrota en categoría cadete mixta do equipo masculino santiagués.
A xornada deu comenzo co encontro en categoría cadete, levándose a vitoria os visitantes por un cinco a oito a final. Partido con dominio local durante o primeiro cuarto, donde os santiagueses conseguían mover o balón con facilidade conseguiendo ocasións claras de gol, estivo igualado o encontro ata o descanso ó que se chegou cunha vitoria visitante por tres goles a catro, pero un mal inicio do terceiro cuarto dos locais con varios balóns perdidos o inicio do mesmo, distanciou os visitantes que souberon manter a diferencia de tres goles ata o final do encontro.
O segundo encontro disputado enfrentaba ós equipos femeninos de división de honra de ambos conxuntos con vitoria local de forma clara por vintasete a dous, resultado que di as claras a superioridade do equipo local, nun encontro donde os minutos se repartiron para que as xogadoras novatas vaian adquirindo experiencia.
Por último disputouse o encontro de división de honra masculina donde os locais foron moi superiores levándose o encontro por un cómodo dezaseis a un final, que da as claras a superioridade santiaguesa.
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISION HONRA
CW SANTIAGO – CM FERROL 16 – 1 (4-0; 6-0; 2-0; 4-1)
CW SANTIAGO:IAGO GARABATO, JORGE RODRIGUEZ (2), JESUS PEREZ (2), ANDRES PEREZ (4), RAFAEL E. RAMOS (2), ANTONIO GARCIA, SAMUEL GONZALEZ, ANTONIO CAAMAÑO (2), CARLOS ORDOÑEZ, XANDRE RODRIGUEZ (1), BRUNO SAMPAÑO (2), ADRIAN CAMPAÑA, RAUL SEOANE
LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA DIVISION DE HONRA
CW SANTIAGO – CM FERROL 27 – 2 (9-0; 6-1; 5-1; 7-0)
CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, ISABEL PEREZ (5), LAURA SANLUIS (2), ROSALIA REY (2), VICTORIA LANDEIRA (1), ARIANA COLLAZO (5), IRENA ORDOÑEZ, EMMA SANTAMARIA (1), CANDELA RUBAL (2), SARAY GUILBERT (3), ANDREA FERNANDEZ (1), XULIA GAREA (1), SOFIA PEREZ (4)
LIGA GALEGA CADETE MIXTA
CW SANTIAGO MASCULINO – CM FERROL 5 – 8 (3-2; 0-2; 1-3; 1-1)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL, NICOLAS COLLAZO, SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), ARTAI ANTELO (1), BRUNO PEREZ, GUILLERMO CARRILLO (2), GABRIEL BALSA, SAUL PAPIN, ALEXANDRE GONZALEZ
Nova xornada das ligas galegas de waterpolo para o CW Santiago, tres encontros disputados nas instalacións de Santa Isabel ante o club waterpolo Pontevedra, con vitorias do equipo alevín mixto e absoluto de segunda división, e unha dura derrota en categoría masculina de división de honra.
A xornada deu comezo co encontro en categoría alevín mixta, levándose a vitoria os locais por un sete a catro final, despois de dominar durante todo o encontró, levando a cabo un bo traballo defensivo, estando moito máis acertados en ataque, os locais impuxéronse despois de adquirir unha vantaxe de dous goles no segundo cuarto que superon manter ata o final.
O segundo encontros disputado enfrontaba ós equipos B de ambos conxuntos, cunha vitoria para o CW Santiago de forma clara por trece a cinco, que os mantén ó fronte da clasificación. Partido moi serio en defensa donde os innumerables balóns roubados deron pé a contraataques e situacións claras de gol. Partido que xa ó descanso os locais chegaban cunha vantaxe de catro coles, que conseguiron aguantar e aumentar ata o resultado final.
Por último disputouse o encontro de división de honra masculina, donde os locais querían mander o liderato para seguir ó fronte da clasificación, un mal inicio dos locais moi pasivos en defensa e con moi pouco acerto en ataque, ademáis do acerto ofensivo dos visitantes, disparou o marcador ata un a seis que non anunciaba nada bo. Tremenda reacción dos locais que a mediados do segundo cuarto conseguiron empatar a seis, pero os erros defensivos fixo que os visitantes despegaran de novo e chegar ó descanso cunha vantaxe de dous goles. De novo os erros defensivos e a precipitación en ataque dos locais levounos a unha dura derrota por sete goles a trece. Peso a esto, siguen mantendo opción a gañar o título.
CW SANTIAGO: PABLO MARTINEZ, JORGE RODRIGUEZ, JESUS PEREZ, ANDRES PEREZ (2), RAFAEL E. RAMOS, PABLO PIÑEIRO (1), SAMUEL GONZALEZ (1), ANTONIO CAAMAÑO (1), ALEJANDRO GOMEZ, CARLOS ORDOÑEZ, BRUNO SAMPAÑO (2), ADRIAN CAMPAÑA (1), RAUL SEOANE
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2º DIVISION
Sábado 14 de xaneiro de 2023
CW SANTIAGO B – CW PONTEVEDRA B 13 – 5 (4-1; 2-1; 4-3; 3-0)
CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ (3), EMMANUEL NIETO (2), SEBASTIAN ALTAMIRANO, JESUS PEREZ (3), BIEITO CARBALLO, SAMUEL GONZALEZ (2), YAGO DIAZ (1), ANTONIO MOSCOSO (1), ANGEL RODRIGUEZ (1), GUILLERMO CARRILLO, RAUL SEOANE
LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA
Sábado 14 de xaneiro de 2023
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA MASCULINO 7 – 4 (0-0; 2-0; 2-2; 1-0; 1-1; 1-1)CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, RODRIGO CARRILLO (1), NOA VIEITES (3), MATEO MACIAS, GUILLERMO RICART, LUCIA PEÑA, IAGO PEREZ, AIRAS CAAMAÑO (3), GABRIEL ULOD, GONZALO DE LA MATA, GAEL CAAMAÑO
Como cada ano veñen as festas de Nadal, datas nas que hai cambio de horario de entrenos para maior comodidade dos nosos deportistas e poidan gozar destas bonitas festas. A continuación detallamos os días e horarios de adestro
CATEGORIA INFANTIL/ ALEVIN/ BENXAMÍN
MARTES 27 DECEMBRO DE 19H A 20H ‐ SAR
XOVES 29 DECEMBRO DE 19H A 20H ‐ SAR
MARTES 3 DE XANEIRO DE 19H A 20H ‐SAR
MÉRCORES 4 DE XANEIRO 17.15H A 18.15H ‐ SAR
— O RESTO DE DIAS NON HAI ADESTRAMENTO DESDE O 23 DE DECEMBRO INCLUÍDO. — OS ENTRENOS NORMAIS E HABITUAIS EMPEZASEN A PARTIR DO LUNS 9 DE XANEIRO
CATEGORIAS ABSOLUTAS/ XUVENIL / CADETE
LUNS 26 DECEMBRO
MARTES 27 DECEMBRO
MÉRCORES 28 DE DECEMBRO
XOVES 29 DE DECEMBRO
LUNS 2 DE XANEIRO
MARTES 3 DE XANEIRO
MÉRCORES 4 DE XANEIRO
— O HORARIO MANTENSE DE 21.30H A 23H
— O RESTO DE DIAS NON HAI ADESTRAMENTO DESDE O 23 DE DECEMBRO INCLUÍDO.
— Os ADESTRAMENTOS NORMAIS NO SEU HORARIO HABITUAL EMPEZASEN O LUNS 9 DE XANEIRO
¡¡¡DESDE O CLUB WATERPOLO SANTIAGO DESEXÁMOSVOS FELICES FESTAS!!!
Este pasado sábado, 10 de decembro, o Club Waterpolo Santiago desplazouse a terras asturianas para disputar una novena xornadas das ligas galegas de waterpolo. Balance positivo para os santiagueses que fixeron pleno de vitorias nos catro partidos desputados.
A xornada deu comezo coa desputa do encontro en categoría cadete entre o equipo ovetense e o equipo femenino santiagués, e foron as compostelanas as que se levaron o gato á auga, vencendo por un resultado de nove a catorce. Partido moi serio do equipo feminino que marcou o ritmo do encontro desde o inicio con una boa defensa, e moi acertadas en ataque. Sigue crecendo e conseguido obxectivos un equipo santiagués con moito futuro.
O segundo encontro en desputarse foi en categoría absoluta masculina de división de honta, partido cómodo para os santiagueses que dominaron no marcador desde o inicio, un primer cuarto de tanteo e despois de correxir no descanso non deron opción ós ovetenses levándose o encontró por un claro seis a vintetrés que lles mantén líderes ó fronte da clasificación.
O terceiro encontró foi en categoría absoluta feminina divisón de honra, donde as visitantes marcaron a pauta dende o primer cuarto, que cun parcial de un a oito deixou setenciado o encontró que se levaron por un rotundo nove a vintecatro final, con minutos para todas as xogadoras e suman a segunda vitoria da tempada.
Por último, desputouse o encontro entre ovetenses e o equipo compostelano masculino en categoría cadete, de novo vitoria para os visitantes por un concluínte sete a vintetrés, outro encontró donde marcaron diferencias dende o comezo, e con minutos para os máis xóvenes e os que menos minutos despoñen noutros encontros.