CRONICA FINAL LIGA ABSOLUTA

CW SANTIAGO CAMPEON DE LIGA

Logo Club Wterpolo Santiago

Este pasado domingo (04-06-2017) disputouse no INEF Bastiagueiro o terceiro e definitivo partido do play off da final da liga Galega Absoluta entre os dous finalistas, CN Coruña e CW Santiago. Despois dunha vitoria para cada equipo chegar ao último partido que decidiría o campión, partido moi intenso e como se prevía o gañador seria o equipo que tivese a cabeza máis fría.

O inicio do encontro foi moi igualado e con férreas defensas que deron moi poucas opcións en ataque, chegouse ao final do primeiro cuarto cun favorable dous a un para os locais. Un segundo cuarto ben levado polos santiagueses que aínda que por detrás no marcador sempre estaban dentro do partido estragouse no último minuto do cuarto con dous descoidos defensivos que levaron aos locais ao descanso cunha diferenza de tres goles que colocaba moi costa arriba o partido para os santiagueses. O terceiro cuarto comezou coa mesma tónica que acabo o segundo, a cada gol dos santiagueses respondían os locais con outro mantendo a distancia no marcador ata o oito cinco a metade de cuarto, a partir dese momento os santiagueses pecharon a seu defensa e con saídas rápidas ao contraataque conseguiron un parcial de cero a tres que colocaba o empate a oito a final do terceiro cuarto. Despois dunha tempada intensa e larga o campión decidíase no último cuarto, e aí os santiagueses tiveron a claridade e o físico para endosar un parcial de cero a tres que daba o título de liga aos santiagueses. Gran tempada do noso equipo que ademais do título de liga foron subcampións da copa galega e a punto estiveron de ser equipo de nacional despois de quedar segundo na fase celebrada en Palma de Mallorca.

 

PLAY OFF FINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 3º PARTIDO

 

CN CORUÑA – CW SANTIAGO      8 – 11 (2-1; 4-2; 2-5; 0-3)

absolutos

CW SANTIAGO:   ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, DAMIAN ANTELO, GABOR PAZOS, ALEJANDRO GOMEZ, PABLO PIÑEIRO (6), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (3), PABLO SUAREZ (2), MIGUEL A. BARCA, BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, JESUS MONTOIRO

patrocinadores

CRONICA CAMPEONATO ALEVIN VERANO

CW SANTIAGO SEGUNDO E CUARTO
NO CAMPIONATO ALEVÍN DE VERÁN

 Logo Club Wterpolo Santiago

     Os alevíns  do  CW Santiago desprazáronse este pasado sábado a Pontevedra para disputar o Campionato Galego alevín Mixto de verán, cinco equipos participaron no campionato dous deles por parte dos santiagueses e que se xogou en forma de liguiña todos contra todos. O noso equipo “A” formado polos alevíns conseguiron o segundo posto despois de gañar os tres primeiros partidos ante Pontevedra B  dez a un, Natación Coruña dez a dous e ao equipo B de Santiago sete a catro e de perder ante o campión, o equipo A de Pontevedra, que no último encontro da xornada supero aos nosos por un claro once a cero. Bo campionato dos alevíns que superaron a posición do campionato de inverno onde foron terceiros. Pola súa banda o noso equipo B, formado polos xogadores benxamíns do club demostraron tamén a súa progresión e realizaron catro magníficos partidos  con tres derrotas moi axustadas  ante Natación Coruña por sete a cinco, ante Santiago A sete  a catro e ante Pontevedra A sete  goles a un e unha vitoria ante o equipo B de Pontevedra dous a un o que lle deu a cuarta praza.

      Gran actuación de ambos equipos que terminan unha meritoria tempada con éxitos e que dan unha gran canteira e moito futuro ao noso club.

CAMPIONATO GALEGO ALEVIN MIXTO DE VERÁN

RESULTADOS      CW SANTIAGO A   –   CW PONTEVEDRA B       10 –  1

                              CW SANTIAGO A   –   CN CORUÑA                     10 – 2

                              CW SANTIAGO A   –   CW SANTIAGO B               7 – 4

                              CW SANTIAGO A   –   CW PONTEVEDRA A        0 – 11

CLASIFICACION: SUBCAMPIÓN

 alevines2

CW SANTIAGO A: MATEO LAMAS, SARAY GUILBERT, CARLOS ORDOÑEZ, FERNANDO FERRER, SAMUEL GONZALEZ, MIGUEL PALACIOS, MIGUEL BARCA

                              CW SANTIAGO B   –   CW PONTEVEDRA B       2 – 1

                              CW SANTIAGO B   –   CN CORUÑA                     5 – 7

                              CW SANTIAGO B   –   CW SANTIAGO A             4 – 7

                              CW SANTIAGO B   –   CW PONTEVEDRA A       1 – 8

alevines3

CLASIFICACION:  CUARTO POSTO

 alevines y benjamines

CW SANTIAGO B: MAGIN LOPEZ, CARLOS AMIGO, CANDELA RUBAL, PEDRO RUBAL, ALEXANDRE GONZALEZ, ALEJANDRO GREGO, GUILLERMO CARRILLO, XOSE MOSCOSO.

patrocinadores