CW SANTIAGO SEGUNDO E CUARTO
NO CAMPIONATO ALEVÍN DE VERÁN
Os alevíns do CW Santiago desprazáronse este pasado sábado a Pontevedra para disputar o Campionato Galego alevín Mixto de verán, cinco equipos participaron no campionato dous deles por parte dos santiagueses e que se xogou en forma de liguiña todos contra todos. O noso equipo “A” formado polos alevíns conseguiron o segundo posto despois de gañar os tres primeiros partidos ante Pontevedra B dez a un, Natación Coruña dez a dous e ao equipo B de Santiago sete a catro e de perder ante o campión, o equipo A de Pontevedra, que no último encontro da xornada supero aos nosos por un claro once a cero. Bo campionato dos alevíns que superaron a posición do campionato de inverno onde foron terceiros. Pola súa banda o noso equipo B, formado polos xogadores benxamíns do club demostraron tamén a súa progresión e realizaron catro magníficos partidos con tres derrotas moi axustadas ante Natación Coruña por sete a cinco, ante Santiago A sete a catro e ante Pontevedra A sete goles a un e unha vitoria ante o equipo B de Pontevedra dous a un o que lle deu a cuarta praza.
Gran actuación de ambos equipos que terminan unha meritoria tempada con éxitos e que dan unha gran canteira e moito futuro ao noso club.
CAMPIONATO GALEGO ALEVIN MIXTO DE VERÁN
RESULTADOS CW SANTIAGO A – CW PONTEVEDRA B 10 – 1
CW SANTIAGO A – CN CORUÑA 10 – 2
CW SANTIAGO A – CW SANTIAGO B 7 – 4
CW SANTIAGO A – CW PONTEVEDRA A 0 – 11
CLASIFICACION: SUBCAMPIÓN
CW SANTIAGO A: MATEO LAMAS, SARAY GUILBERT, CARLOS ORDOÑEZ, FERNANDO FERRER, SAMUEL GONZALEZ, MIGUEL PALACIOS, MIGUEL BARCA
CW SANTIAGO B – CW PONTEVEDRA B 2 – 1
CW SANTIAGO B – CN CORUÑA 5 – 7
CW SANTIAGO B – CW SANTIAGO A 4 – 7
CW SANTIAGO B – CW PONTEVEDRA A 1 – 8
CLASIFICACION: CUARTO POSTO
CW SANTIAGO B: MAGIN LOPEZ, CARLOS AMIGO, CANDELA RUBAL, PEDRO RUBAL, ALEXANDRE GONZALEZ, ALEJANDRO GREGO, GUILLERMO CARRILLO, XOSE MOSCOSO.