CRONICA FINAL LIGA ABSOLUTA

CW SANTIAGO CAMPEON DE LIGA

Logo Club Wterpolo Santiago

Este pasado domingo (04-06-2017) disputouse no INEF Bastiagueiro o terceiro e definitivo partido do play off da final da liga Galega Absoluta entre os dous finalistas, CN Coruña e CW Santiago. Despois dunha vitoria para cada equipo chegar ao último partido que decidiría o campión, partido moi intenso e como se prevía o gañador seria o equipo que tivese a cabeza máis fría.

O inicio do encontro foi moi igualado e con férreas defensas que deron moi poucas opcións en ataque, chegouse ao final do primeiro cuarto cun favorable dous a un para os locais. Un segundo cuarto ben levado polos santiagueses que aínda que por detrás no marcador sempre estaban dentro do partido estragouse no último minuto do cuarto con dous descoidos defensivos que levaron aos locais ao descanso cunha diferenza de tres goles que colocaba moi costa arriba o partido para os santiagueses. O terceiro cuarto comezou coa mesma tónica que acabo o segundo, a cada gol dos santiagueses respondían os locais con outro mantendo a distancia no marcador ata o oito cinco a metade de cuarto, a partir dese momento os santiagueses pecharon a seu defensa e con saídas rápidas ao contraataque conseguiron un parcial de cero a tres que colocaba o empate a oito a final do terceiro cuarto. Despois dunha tempada intensa e larga o campión decidíase no último cuarto, e aí os santiagueses tiveron a claridade e o físico para endosar un parcial de cero a tres que daba o título de liga aos santiagueses. Gran tempada do noso equipo que ademais do título de liga foron subcampións da copa galega e a punto estiveron de ser equipo de nacional despois de quedar segundo na fase celebrada en Palma de Mallorca.

 

PLAY OFF FINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 3º PARTIDO

 

CN CORUÑA – CW SANTIAGO      8 – 11 (2-1; 4-2; 2-5; 0-3)

absolutos

CW SANTIAGO:   ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, DAMIAN ANTELO, GABOR PAZOS, ALEJANDRO GOMEZ, PABLO PIÑEIRO (6), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (3), PABLO SUAREZ (2), MIGUEL A. BARCA, BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, JESUS MONTOIRO

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s