PRIMIERA VITORIA CADETE FEMININA
Primeira vitoria de noso equipo cadete feminino a que se produciu este pasado sábado na derradeira xornada da liga galega cadete feminina ante ACW que aínda que na última xornada de liga non deixa de ser importante para acabar a tempada, un merecido triunfo que aínda que custoso dá moral ás nosas mozas para seguir traballando e mellorando para novos compromisos. Partido igualado nos dous primeiros cuartos que ao acabar reflectía un dous a dous que daba a entender que sería complicado acadar a vitoria, pero a partir do terceiro cuarto a gran defensa das nosas mozas que mantiveron a portería a cero durante os seguintes tres cuartos deulles a vantaxe suficiente para manter no último cuarto e poder levar unha vitoria xusta e merecida.
LIGA GALEGA CADETE FEMININA
ACW – CW SANTIAGO 3 – 6 (1-0; 1-2; 0-1; 0-2; 0-1; 1-0)
CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, AMANDA PREGO (1), MARTINA COUCEIRO (1), LAURA SANLUIS (1), ROSALIA REY (2), UXIA SANLUIS, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN (1), ELENA VAZQUEZ