O EQUIPO INFANTIL PERDE E NON IRÁ AO CAMPIONATO GALEGO INFANTIL

O EQUIPO INFANTIL PERDE E NON IRÁ AO CAMPIONATO GALEGO INFANTIL

Este domingo, día 10 de xuño, o equipo infantil do CW Santiago, desprazouse ata Pontevedra para xogar unha fase previa para poder participar no Campionato Galego Infantil de Verán.

Pese ao bo xogo despregado en moitas fases do partido, o noso equipo non poido impoñerse ao CWG Pontevedra que nos derrotou por 9 goles a 6.
O comenzo foi esperanzador xa que conseguimos enseguida empatar, despois de que o noso rival marcara o primeiro gol, pero tres erros de concentración deron unha ampla vantaxe aos de Pontevedra que acabaron o primero cuarto gañando 4-1; aíndaque no segundo cuarto o equipo reaccionou e logrou colocarse 5-3 e tivo varias opcións para acercarse máis no marcador, o terceiro cuarto, pese a empezar moi ben, dúas accións máis de Pontevedra fixeron que fuxiran ata un 9-3 ao final de este cuarto que nos deixaba case sen opcións. Aíndaque os nosos xogadores seguiron loitando e conseguiron un parcial de 0-3 no último cuarto,  deixaron o resultado nese 9-6 final.
Por parte do CW Santiago xogaron:
J. Romaris, M. Fernández (4), J.Lareu, A.Castro, A.Gomez, M. Castro, A. Ortega, E. Carrillo, D.Romeu, B. Sampaño (2) y M.Cebey

GRAN ÉXITO DE PARTICIPACION NO CAMPIONATO GALEGO ALEVIN

GRAN ÉXITO DE PARTICIPACION NO CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN

Este pasado sábado 9 de xuño celebrouse nas piscinas de Sta.Isabel (Santiago) o Campionato Galego Alevín de Verán, cun rotundo éxito de participación, case 150 nenos, de entre  7 e 12 anos, de toda Galicia que pudieron disfrutar do seu deporte.
Parello ao Campionato Alevín, xogaronse partidos dos equipos participantes, pero en categoría benxamín, para elo montaronse dous campos de xogo, que se utilizaron en pararelo, e que deu moito ambiente ao Campionato.
Pola mañana celebraronse as eliminatorias en categoría alevín, onde os dous equipos máis fortes clasificaronse para xogar a final pola tarde : CWG Pontevedra “A”  e  C Marina Ferrol.
Xa pola tarde se xogaron todos os postos para que houbese unha clasificación real, que ao final foi a seguinte:
1º CWG Pontevedra “A”
2º C Marina Ferrol
3º Asociación Coruñesa de Waterpolo
4º CN Coruña
5º RCN Vigo “A”
6º CW Santiago
7º CWG Pontevedra “B”
8º RCN Vigo “B”

Enhoraboa aos campións e felicitar a todos por participar e facer un pouco máis polo noso deporte.

Campionato galego wáterpolo alevín de verano

O vindeiro 9 de xuño de 2012 e organizado polo Club Waterpolo Santiago, disputarase na piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela, o Campionato Galego Wáterpolo Alevín de verano.

No campionato participarán oito equipos, o que constitúe un record absoluto e demostra o esforzo que os clubes galegos están a realizar para potenciar a canteira e fomentar a saída de novos xogadores.

O campionanto finaliza ás 19:00 horas coa entrega de premios, cerimonia na que contarase coa presenza de Adrián Varela Sarandeses, concelleiro delegado de Xuventude e Deportes do Concello de Santiago e con representantes da Federación Galega de Natación (FEGAN). O resto de horarios previstos para os partidos figuran na seguinte táboa:

O sistema de competición será polo sistema KO con ronda de gañadores e ronda de perdedores, de xeito tal que tódolos equipos xoguen tres partidos e teñan a súa final en competición por un determinado posto no campionato. A orde dos partidos queda determinada no seguinte cadro:

Participarán os seguintes equipos:

Horarios mes de xuño

Como tódolos anos e debido a que a piscina de Sar empeza a funcionar no seu réxime de verano, compre modificar os horarios de adestramentos do clube, que quedan como segue:

Reportaxe sobre da copa galega de wáterpolo no Correo Gallego

Participación do CW Santiago na copa absoluta feminina de wáterpolo

O Club Waterpolo Santiago participou o pasado 2 de xuño na copa galega absoluta feminina de wáterpolo. A competición disputouse en formato liguiña entre os tres equipos existentes na nosa Comunidade Autónoma, quedando campión o CW Galaico Pontevedra, subcampión o CN Coruña e terceiro clasificado o CW Santiago.

Noraboa ao campión: CW Galaico Pontevedra.

Na competición, o equipo de wáterpolo feminino do CW Santiago experimentou unha notable melloría, síntoma de que o camiño iniciado é o correcto. Animamos dende aquí a tódalas mulleres e rapazas que desexen probar un deporte distinto, que experimenten co wáterpolo; no que se une a maxia da auga coa emoción dos deportes de equipo. Todas elas serán benvidas ao noso clube, no que a igualdade de xénero é unha das súas premisas básicas.

Esperemos que os éxitos deportivos veñan acompañados dunha maior resposta da sociedade compostelá e que as peticións de axuda que dende a directiva do clube estánse a trasladar a empresas e institucións sexan correspondidas cara á vindeira tempada.

Copa Galega Absoluta Masculino e Feminino

O vindeiro sábado 2 de xuño, a partires das 09:45 na piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela, dispútase a Copa Galega absoluta de wáterpolo masculino e feminino.

Animamos a asistir a todos os que queiran disfrutar do agradable espectáculo que é un partido de wáterpolo. E para aqueles que non o coñezan, saiban que ao executarse na auga resulta un deporte dunha beleza plástica incomparable que se acompaña da emoción propia dos deportes en equipo.

As finais dos torneos dispútanse pola tarde, ás 17:15 horas a final feminina e ás 18:45 horas a final masculina.

Sen dúbida o partido estelar da xornada é a final masculina, na que os equipos de Club Waterpolo Galaico Pontevedra e Club Waterpolo Santiago teñen grandes posibilidades de repetir as emocionantes finais do play-off pola Liga galega de wáterpolo 2012, nos que os tres partidos disputados entre ambos equipos resolveronse nos últimos segundos pola escasa diferencia dun gol en todos eles. Emoción garantida.

Sorteados os enfrontamentos da Copa Galega Absoluta Masculina e Feminina

Xa se coñecen os enfrontamentos da Copa Galega Absoluta Masculina e Feminina que se disputará o próximo día 2 de xuño en Santiago, nas instalacións de Santa Isabel.

As semifinais masculinas serán CW. Santiago contra o gañador do RC.Náutico de Vigo – Pabellón Ourense (4ºposto), e o Galaico Pontevedra contra Natación Coruña.

A Copa Galega Feminina disputarase en forma de liguilla entre os tres clubes participantes, coa seguinte orde de partidos: CW. Santiago – CN. Coruña, CN. Coruña – Galaico Pontevedra e CW. Santiago – Galaico Pontevedra.

Esperámosvos a todos para animar ós nosos equipos e que haxa un gran ambiente coma no Play-Off da liga, e sobre todo, desexámoslle moita sorte a tódolos equipos participantes.

               

Cambios no horario de adestramentos na semana do 14 ao 25 de maio

Como consecuencia de cambios motivados polas competicións do equipo absoluto masculino e para aproveitar a dispoñibilidade de auga derivada dos mesmos, cambiase o horario de adestramentos na semana do 14 ao 25 de maio.

Descarga do cadro de adestramentos en formato pdf.

Entrevista en SantiagoTV

O recente éxito deportivo do clube ao proclamarse por terceiro ano consecutivo campión da Liga Galega Absoluta, propiciou que moitos dos medios de comunicación locais da cidade de Santiago se interesasen polo clube, obtendo, así, unha promoción adicional das nosas actividades.

En concreto, o 26/3/2012 o programa La prórroga de SantiagoTV entrevistou á presidenta, ao entrenador e mais a Pablo Piñeiro, en representación dos xogadores do equipo absoluto, para faltar do título recén conseguido.

Pódedes ver a continuación a entrevista completa:


Tamén podedes seguir a canle YouTube do clube: http://www.youtube.com/user/CWSantiago/videos