COPA GALEGA ABSOLUTA DE WATERPOLO

Imaxe

Vinde todos a animar ó noso equipo.

SUSPENSION DOS ADESTRAMENTOS

Comunicar que o vindeiro sábado, os adestramentos quedan suspendidos por mor da Copa de Galicia de Waterpolo.

NOVOS HORARIOS DOS ADESTRAMENTOS NO MES DE XUÑO

Imaxe

O Club Waterpolo Santiago informa a todos os deportistas das categorías infantil, alevín e benxamín, que a partir do vindeiro luns 2 de xuño os adestramentos terán lugar na Piscina de Santa Isabel ( rúa Tras Santa Isabel, s/n ) no seguinte horario:

De luns a venres de 19 a 20 horas

A categoría Cadete adestrará, tamén na Piscina de Santa Isabel

todos os días de 21:30 a 23:15 h

Así mesmo, informámosvos que os horarios do sábado e do domingo, mantéñense do mesmo xeito que ata agora:

Sábado, de 12:15 – 13:30 h: Alevíns e benxamíns

Sábado, de 12:15 – 14:15 h: Infantil e Cadetes

Domingo, de 9:00 – 11:00 h: todas as categorías

CAMPUS WATERPOLO 2014

Poñemos a vosa disposición o programa do CAMPUS WATERPOLO 2014 do Club Waterpolo Santiago. No folleto adxunto, poderedes ver a alternativa de lecer, deporte e convivencia que o campamento ofrece. Non só está aberto ós xogadores, senon que tamén se buscará atraer a nov@s xogadores ca intención de facer medrar o waterpolo base na nosa cidade.

As datas do mesmo son do 30 de Xuño ó 11 de Xullo en horario de mañán. Admitiránse nen@s dende os 8 anos ata os 16, tendo a posibilidade de acudir unha ou dúas semanas. No caso de outras idades, valorarase previamente a competencia no nado do pequen@.

O lugar do mesmo, será nas instalacións do Complexo Deportivo Santa Isabel, onde habitualmente desenvolve os entrenos o Club.

Haberá precios especiais para aquelas familias que leven dous ou mais irmáns.

Coma noutras ocasións, informaremos de calquer novidade ou cambio que poida haber no mesmo.

¡¡¡¡¡ANIMÁDEVOS E INSCRIBIR ÓS VOSOS FILL@S E CONOCIDOS!!!!!

 

Non deixedes de preguntar calquer dúbida ou dato que querades que se vos aclare.portada campusinterior campus

CONVOCATORIA DA ASAMBLEA XERAL DO CWS

Comunicar a todos os asociados do Club, que en cumprimento do artigo 18 dos estatutos do Club Waterpolo Santiago, convócase o vindeiro 18 de Xuño do 2014, á Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria. Esta terá lugar na Sala de Prensa do Multiusos Fontes do Sar en primeira convocatoria ás 20:30 h. e ás 21:00 en segunda convocatoria.

Convídase a todos aqueles interesados a asistir á mesma, e participar nela na orde de rogos e preguntas que terá lugar ao final da mesma.

Recibiredes información máis detallada nos vindeiros días.

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN-BENXAMÍN DE WATERPOLO

CAMPEONATO GALEGO ALEVÍN-BENXAMÍN DE WATERPOLO

Campionato Galego Alevín-Benxamín, o vindeiro día 8 de Xuño en Ferrol