
RCN de Vigo, o vindeiro Domingo, 25 de Maio do 2014

RCN de Vigo, o vindeiro Domingo, 25 de Maio do 2014
Comunicar que o desprazamento ata Vigo farase, como noutras ocasións, en autocar, onde os xogadores deberán levar 10€, 5€ correspondentes ao bus, e outros 5€ que serán para pago dunha parte do xantar dese día en Vigo.
Lembrar que a hora de saída do vindeiro domingo é ás 8 h. dende Sta. Isabel.
Non esquecer o D.N.I. ou fotocopia compulsada do mesmo.
Comunicar que o desprazamento ao Programa de Deteción de Talentos, será por conta dos xogadores, xa que se trata dun programa da FEGAN, e non do club.
ENTRENAMENTO WATERPOLO DAS XOGADORAS E XOGADORES DA CATEGORÍA INFANTIL E ALEVÍN
Convócase ás xogadoras e xogadores do Club Waterpolo Santiago da seguinte lista, para o entreno que terá lugar nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, o vindeiro día 24 de Maio das 10:45 h. ás 14:00 h.
Nunha seguinte comunicación nesta páxina, informarase puntualmente de cómo se fará o desprazamento ata Pontevedra.
ENTRENAMIENTO WATERPOLO FEMENINO
Comunícase ás xogadoras do Club Waterpolo Santiago da seguinte lista, a súa convocatoria para o Programa de Deteción de Talentos, que terá lugar nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra o vindeiro día 24 de Maio, dende as 15:45 h. ás 18:15 h. En vindeira comunicación nesta páxina, indicarase a maneira na que se desprazarán a dito encontro.
Convócase ós xogadores cadetes do Club Waterpolo Santiago o vindeiro día 25 de Maio do 2014, para a disputa do Campeonato Galego Cadete de Waterpolo, que terá lugar na piscina do Real Club Naútico de Vigo.
Categoría: Cadetes
Hora: 10:30 h.
Piscina: RCN de Vigo
XOGADORES CONVOCADOS
1. JAVIER ROMARÍS
2. MIGUEL FERNÁNDEZ
3. JORGE LAREU
4. OTTO GOTHLIN
5. ALEX VALLE
6. UXÍA TABOADA
7. DAVID ROMEU
8. TRISTÁN RON
9. JESÚS MONTOIRO
11. XOAQUÍN GENDRA
12. BRUNO SAMPAÑO
13. ANTÓN GENDRA
LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO)