CO MOTIVO DA PARTICIPACION DO NOSO EQUIPO ABSOLUTO, NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 3ª DIVISION, A CELEBRAR EN PALMA DE MALLORCA.
OS ADESTRAMENTOS PARA OS DEPORTISTAS DO CLUB: DOS PROXIMOS DIAS 12, 13 E 14 DE MAIO DE 2017 QUEDAN ANULADOS….. REANUDÁNDOSE OS MESMOS O LUNS, DIA 15 DE MAIO, NO SEU HORARIO HABITUAL.
Este sábado disputouse unha nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago; visitaba as instalacións de Sta. Isabel o CW Pontevedra e o cadete feminino de ACW. Disputáronse catro partidos cun balance dunha vitoria (Alevín) e tres derrotas (infantil mixto e os dous partidos cadetes femininos)
A xornada deu comezo co partido cadete feminino entre Santiago e Pontevedra, vitoria para as visitantes por seis goles a dous nun partido moi defensivo que se decidiu nos tres primeiros cuartos e que as defensas pecharon nos dous últimos períodos onde ningún equipo foi capaz de ver portería.
CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, SARAY GUILBERT, MARTINA COUCEIRO (1), LAURA SANLUIS (1), UXIA SANLUIS, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, ELENA VAZQUEZ
De seguido saltaron á auga os equipos en categoría alevín mixta, onde os nosos alevíns xogaron o mellor partido da tempada, cunha gran defensa e traballo de axudas,o equipo conseguiu deixar en dous goles ao campión da liga, que ademais co acerto en ataque e pese ao intento de remontar no último cuarto conseguiron manter o resultado a favor para acabar cunha axustada vitoria por cinco goles a catro.
CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, IAGO FERNANDEZ, MIGUEL PALACIOS, LUCAS VILARIÑO, FERNANDO FERRER (3), UXIA SANLUIS, YAGO DIAZ, SAMUEL GONZALEZ (1), CARLOS ORDOÑEZ, MIGUEL BARCA (1)
O seguinte partido en disputarse foi en categoría infantil mixta, onde o noso equipo loitou o indecible, pero a maior forza física dos visitantes deulles unha clara vitoria por dous a dez despois de deixar sentenciado ao descanso cun claro un a sete. Máis experiencia para o noso equipo composto na súa maioría por xogadores de primeiro ano e algúns alevíns que non lle perderon a cara en ningún momento.
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA A 2 – 10 (0-2; 0-0; 1-5; 0-1; 0-2; 1-0)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO (1), LUIS GUILBERT, SANTI ESTURAO, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER (1), GABRIEL LESENDE, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, SAMUEL GONZALEZ, ANTONIO MALLO, ANXO PANERO, ANTONIO GARCIA, ROBERTO CARRO
Para rematar, volveron saltar ao auga nosas cadetes femininas para xogar esta vez ante ACW, partido sen historia onde o equipo visitante venceu por un claro un a doce despois dun partido sen tensión onde as xogadoras coruñesas foron moi superiores defensivamente e marcando a maioría dos seus goles de contraataque.
Partido : CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA Categoria: Cadete Feminino Dia: sabado 6 de maio de 2017 Hora: 15.30H Piscina : STA.ISABEL Convocadas: cambiadas 14.45h
XOGADORAS CONVOCADAS
REBECA GOTHLIN
SARAY GUILBERT
MARTINA COUCEIRO
LAURA SANLUIS
UXIA SANLUIS
NATALIA VIEITES
LEMBRAR A TODAS AS XOGADORAS CONVOCADAS QUE DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO AS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA)
Nova xornada de liga para os equipos; alevín e infantil do CW Santiago, con desprazamento este pasado domingo a Vigo. Para disputar os seus respectivos partidos.
O primeiro partido en disputarse, foi en categoría alevín. Onde os santiagueses saíron derrotados por un claro nove a cinco, despois dun encontro onde a maior efectividade dos locais e a súa capacidade física foi a clave ante un equipo santiagués que loitou ata o final, e onde cada vez mais os nosos pequenos van asimilando e participando no xogo seguindo a súa progresión día a día.
LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 9 – 5 (2-1; 2-1; 2-0; 0-3; 2-0; 1-0)
CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, SARAY GUILBERT, IAGO FERNANDEZ, LUCAS VILARIÑO, FERNANDO FERRER (4), UXIA SANLUIS, YAGO DIAZ (1), SAMUEL GONZALEZ, CARLOS ORDOÑEZ, MIGUEL BARCA.
Seguidamente foron os infantís os que saltaron á auga para disputar o seu partido, encontro moi igualado desde o comezo e que rematou cun empate a cinco despois de realizar un gran partido en defensa onde os porteiros visitantes estiveron moi acertados, e que a pesar de chegar por diante no marcador no último cuarto, dous goles visitantes, o último deles a falta de corenta e nove segundos para acabar o encontro, puxo moi costa arriba o gran partido realizado, pero un roubo de balón e un contraataque a falta de dez segundos conseguiron igualar o encontro a falta de tres segundos para o remate, dando un valioso empate pola entrega e ganas dos nosos xogadores.
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 5– 5 (0-0; 1-1; 1-0; 1-3-0; 0-0; 2-1)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT (2), SANTI ESTURAO, ANTONIO GARCIA, FERNANDO FERRER (2), GABRIEL LESENDE, NATALIA VIEITES, SAMUEL GONZALEZ, CARLOS ORDOÑEZ, ANTONIO MALLO, UXIA SANLUIS, YAGO DIAZ, ROBERTO CARRO.
Comezou este pasado sábado en Santiago o play off final da liga Absoluta de 1ª división co primeiro partido da final entre os dous primeiros clasificados da liga regular CN Coruña e CW Santiago que liquidaron as súas dúas semifinais en só dous dos tres partidos necesarios.
Como se prevía, partido moi disputado e igualado aínda que desde o inicio os santiagueses mandaron no marcador, xa o primeiro cuarto denotaba que a igualdade seria a nota do partido acabando cun parcial de tres a dous favorable aos locais. Un comezo con gran efectividade en ataque de ambos os equipos indicaba que o equipo que axustase a defensa antes tería grandes posibilidades de acabar levándose o partido, e ese foi o equipo local que cun parcial de tres a un chegaba ao descanso cun favorable seis a tres, renda que conseguiu manter no terceiro cuarto cun empate a tres e mesmo ampliar a catro goles a falta de catro minutos para acabar o encontro cun once a sete que souberon aguantar ata o final e que a pesar dos dous últimos goles visitantes daban o resultado final de once a nove que dá a primeira vitoria ao os santiagués que o próximo día 20 de maio terá oportunidade de conseguir o título.
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, RAMON TURNES, ALEJANDRO PADILLA (1), LUIS FERRER, PABLO PIÑEIRO (3), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ (2), ALEX GOMEZ, BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA (1), MIGUEL A. BARCA
Partido : RCN DE VIGO – CW SANTIAGO Categoria: INFANTIL MIXTO Dia: Domingo 30 de abril de 2017 Hora: 11.30H Piscina : REAL CLUB NAUTICO DE VIGO Saida: Bus 8.30H dende STA.ISABEL
XOGADORES CONVOCADOS
IAGO GARABATO
LUIS GUILBERT
SANTIAGO ESTURAO
ANTONIO GARCIA
FERNANDO FERRER
GABRIEL LESENDE
NATALIA VIEITES
REBECA GOTHLIN
SAMUEL GONZALEZ
ANTONIO MALLO
ANXO PANERO
UXIA SANLUIS
ROBERTO CARRO
LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA) E 5 EUROS PARA O PAGO DO BUS