CRONICA

VITORIA ALEVIN E TRIPLA DERROTA

Logo Club Waterpolo Santiago
Club Waterpolo Santiago

Este sábado  disputouse unha nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago; visitaba as instalacións de Sta. Isabel o CW Pontevedra e o cadete feminino de ACW.  Disputáronse catro partidos cun balance dunha vitoria (Alevín) e tres derrotas (infantil mixto e os dous partidos cadetes femininos)

A xornada deu comezo co partido cadete feminino entre Santiago e Pontevedra, vitoria para as visitantes por seis  goles a dous nun partido moi defensivo que se decidiu nos tres primeiros cuartos e que as defensas pecharon nos dous últimos períodos onde ningún equipo foi capaz de ver portería.

LIGA GALEGA CADETE FEMININA

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA  2 – 6 (0-4; 0-0; 1-2; 1-0; 0-0; 0-0)

CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, SARAY GUILBERT, MARTINA COUCEIRO (1), LAURA SANLUIS (1), UXIA SANLUIS, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, ELENA VAZQUEZ

De seguido saltaron á auga os equipos en categoría alevín mixta, onde os nosos alevíns xogaron o mellor partido da tempada, cunha gran defensa e traballo de axudas,o equipo conseguiu deixar en dous goles ao campión da liga, que ademais co acerto en ataque e pese ao intento de remontar no último cuarto conseguiron manter o resultado a favor para acabar cunha axustada vitoria por cinco goles a catro.

LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA  5 – 4 (0-0; 0-1; 1-0; 1-0; 2-1; 1-2)

CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, IAGO FERNANDEZ, MIGUEL PALACIOS, LUCAS VILARIÑO, FERNANDO FERRER (3), UXIA SANLUIS, YAGO DIAZ, SAMUEL GONZALEZ (1), CARLOS ORDOÑEZ, MIGUEL BARCA (1)

O seguinte partido en disputarse foi en categoría infantil mixta, onde o noso equipo loitou o indecible, pero a maior forza física dos visitantes deulles unha clara vitoria por dous a dez despois de deixar sentenciado ao descanso cun claro un a sete. Máis experiencia para o noso equipo composto na súa maioría por xogadores de primeiro ano e algúns alevíns que non lle perderon a cara en ningún momento.

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA A   2 – 10 (0-2; 0-0; 1-5; 0-1; 0-2; 1-0)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO (1), LUIS GUILBERT, SANTI ESTURAO, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER (1), GABRIEL LESENDE, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, SAMUEL GONZALEZ, ANTONIO MALLO, ANXO PANERO, ANTONIO GARCIA, ROBERTO CARRO

Para rematar,  volveron saltar ao auga nosas cadetes femininas para xogar esta vez ante ACW, partido sen historia onde o equipo visitante venceu por un claro un a doce despois dun partido sen tensión onde as xogadoras coruñesas foron moi superiores defensivamente e marcando a maioría dos seus goles de contraataque.

LIGA GALEGA CADETE FEMENINA

CW SANTIAGO – ACW    1 –12 (0-1; 0-1; 0-3; 1-4; 0-1; 0-2)

CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, SARAY GUILBERT, MARTINA COUCEIRO, LAURA SANLUIS, UXIA SANLUIS, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, ELENA VAZQUEZ (1)

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s