CRONICA LIGA ABSOLUTA

1ª DIVISION 1ºPARTIDO LIGA ABSOLUTA
18161972n

CW SANTIAGO ADIANTASE NA FINAL

 

Comezou este pasado sábado en Santiago o play off final da liga Absoluta de 1ª división co primeiro partido da final entre os dous primeiros clasificados da liga regular CN Coruña e CW Santiago  que liquidaron as súas dúas semifinais en só dous dos tres partidos necesarios.

Como se prevía,  partido moi disputado e igualado aínda que desde o inicio os santiagueses mandaron no marcador, xa o primeiro cuarto denotaba que a igualdade seria a nota do partido acabando cun parcial de tres a dous favorable aos locais. Un comezo con gran efectividade en ataque de ambos os equipos indicaba que o equipo que axustase a defensa antes tería grandes posibilidades de acabar levándose o partido, e ese foi o equipo local que cun parcial de tres a un chegaba ao descanso cun favorable seis a tres, renda que conseguiu manter no terceiro cuarto cun empate a tres e mesmo ampliar a catro goles a falta de catro minutos para acabar o encontro cun once a sete que souberon aguantar ata o final e que a pesar dos dous últimos goles  visitantes daban o resultado final de once a nove que dá a primeira vitoria ao os santiagués que o próximo día 20 de maio terá oportunidade de conseguir o título.

Logo Club Wterpolo Santiago

PLAY OFF FINAL LIGA GALLEGA ABSOLUTA 1º PARTIDO

CW SANTIAGO – CN CORUÑA   11  – 9  (3-2; 3-1; 3-3; 2-3)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, RAMON TURNES, ALEJANDRO PADILLA (1), LUIS FERRER, PABLO PIÑEIRO (3), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ (2), ALEX GOMEZ, BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA (1),  MIGUEL A. BARCA

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s