EMPATE E DERROTA DO CWSANTIAGO
Nova xornada de liga para os equipos; alevín e infantil do CW Santiago, con desprazamento este pasado domingo a Vigo. Para disputar os seus respectivos partidos.
O primeiro partido en disputarse, foi en categoría alevín. Onde os santiagueses saíron derrotados por un claro nove a cinco, despois dun encontro onde a maior efectividade dos locais e a súa capacidade física foi a clave ante un equipo santiagués que loitou ata o final, e onde cada vez mais os nosos pequenos van asimilando e participando no xogo seguindo a súa progresión día a día.
LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 9 – 5 (2-1; 2-1; 2-0; 0-3; 2-0; 1-0)
CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, SARAY GUILBERT, IAGO FERNANDEZ, LUCAS VILARIÑO, FERNANDO FERRER (4), UXIA SANLUIS, YAGO DIAZ (1), SAMUEL GONZALEZ, CARLOS ORDOÑEZ, MIGUEL BARCA.
Seguidamente foron os infantís os que saltaron á auga para disputar o seu partido, encontro moi igualado desde o comezo e que rematou cun empate a cinco despois de realizar un gran partido en defensa onde os porteiros visitantes estiveron moi acertados, e que a pesar de chegar por diante no marcador no último cuarto, dous goles visitantes, o último deles a falta de corenta e nove segundos para acabar o encontro, puxo moi costa arriba o gran partido realizado, pero un roubo de balón e un contraataque a falta de dez segundos conseguiron igualar o encontro a falta de tres segundos para o remate, dando un valioso empate pola entrega e ganas dos nosos xogadores.
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 5– 5 (0-0; 1-1; 1-0; 1-3-0; 0-0; 2-1)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT (2), SANTI ESTURAO, ANTONIO GARCIA, FERNANDO FERRER (2), GABRIEL LESENDE, NATALIA VIEITES, SAMUEL GONZALEZ, CARLOS ORDOÑEZ, ANTONIO MALLO, UXIA SANLUIS, YAGO DIAZ, ROBERTO CARRO.