RECOLLER A EQUIPACIÓN EN AMANCIO

 

AVISO  

 

A  TODOS  AQUELES  QUE  SOLICITACHEDES A EQUIPACIÓN DE  WATERPOLO DESPOIS  DO  VERÁN:

¡ XA PODEDES IR A RECOLLELA!

XA  ESTÁ AGARDANDO  EN  AMANCIO

 

 

 

 

Retrasos e incidencias no cobro dos recibos

Por razóns imprevistas, o clube acumulou retraso no cobro das cotas de entrenamento e cotas de socio dende o mes de Agosto deste ano 2013.

A partires do mes de Outubro a Xunta Directiva decide subcontratar o proceso e comézase a emitir recibos para recuperar as cotas pendentes, nas seguintes datas:

  • 08/10/2013: cotas Agosto.
  • 16/10/2013: cotas Setembro.
  • 16/10/2013: licenzas federativas; primeiro grupo.
  • 07/11/2013: cotas de outubro e gastos fase de ascenso (primeiro pago)
  • 07/11/2013: licenzas federativas; segundo grupo.
  • 18/11/2013: cotas novembro.

Con estas emisións recuperase a normalidade na emisión de cotas de entrenamento na vindeira cota do mes de decembro, que se enviará ao banco na primeira semana do mes. Xunto coa mesma, e só para os xogadores afectados, engadirase o segundo pago dos gastos da fase de ascenso da tempada 2012-2013. A partires do mes de Xaneiro emitirase unha cota por mes nos primeiros días do mes correspondente.

A cota de socio do ano 2013 enviarase ao cobro aproximadamente pola metade do mes de Decembro de 2013. Lémbrase que esta cota é de 23 euros por ano. A cota do ano 2014 cobrarase no primeiro trimestre.

Calquer consulta ou incidencia pode ser remitida á conta recibos@cwsantiago.com, que é atendida pola empresa subcontratada.

Por parte da Xunta Directiva, pedir disculpas a tódolos socios e xogadores e animalos a comentar as incidencias que poidan xurdir no funcionamento operativo do clube; a nosa estrutura é moi amateur e, a consecuencia delo, circunstancias como esta son mais frecuentes do desexable, polo que comentar os problemas detectados coa Xunta Directiva axuda a correxi-los o antes posible.

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.

A Presidenta,

Cristina Yáñez Vázquez.

CRÓNICA da XORNADO DO 23 de NOVEMBRO

UNNA VICTORIA E UNHA DERROTA CONTRA MARINA FERROL

 

De novo, unha xornada mais de liga para os nosos equipos, o pasado sábado 23, que se saldou cunha derrota en categoría infantil ante un dos principais favoritos a gañar a liga, e unha victoria do noso equipo “B”, ante un duro e correoso equipo ferrolá.

 

 

O primeiro partido foi en categoría infantil, onde os nosos xogadores deron unha imaxe brillantisima ante un equipo ferrolá que se postula a ser un dos principais favoritos nesta liga, arrancou o partido cun certo nerviosismo por parte dos nosos xóvenes xogadores  pero que, despois de dous cuartos, empezaron a soltarse e a sorprender a todo o publico da piscina polas súas gañas e gran facer ante un equipo que, como a maioría da nosa liga, son superiores físicamente pero non en gañas. Felicitar a todos os nosos xogadores pola gran entrega e sobre todo pola gran progresión que están levando e coa que sorprenden en cada partido.

 

LIGA GALEGA INFANTIL

CW SANTIAGO  –  CNM FERROL 6-15 (0-3; 1-2; 1-2; 0-3;0-3; 1-0; 2-2; 1-0)

 

CW SANTIAGO: Martin Torreira, Daniel Pérez (2), Roberto Vieiro (1), Gabor Pazos(1), Rosalia Rey (1), Alex Gomez, Miguel Castro, Esteban Carrillo, Paulo Junqueira, Damian Antelo (1), Antonio Moscoso.

 

 

Despois do gran partido infantil, lanzaronse á auga os equipos “B” de ambos clubes, nun partido moi igualado que se decidiu no ultimo minuto do partido, no que os nosos xogadores conseguiron unha renda de tres goles, que foi a máxima, nun partido cheo de altibaixos con momentos de moi bó xogo e momentos espesos que fixo que o encontro fora tan igualado ante un equipo moi forte, como son sempre os xogadores de ferrol, aínda que tamén hai que dicir que os xogadores santiagueses estiveron sempre por diante no marcador e, aínda que con moi poca renda, nunca viron perigrar o resultado final.

 

LIGA GALEGA 2º DIVISION

CW SANTIAGO “B”  –  CNM FERROL 10-8 (1-0; 2-2; 3-2; 4-4)

 

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernandez, Luis Ferrer, Fernando Mayer(2), Hector Taboada, Pablo Piñeiro (4), Brais Raposo, Ramon Turnes, Pablo Suarez (1), Angel Carro (3), Bruno Sampaño, Jose Mª del Rio, Anton Gendra

 

 

 

 

O PROXIMO  FIN DE SEMANA DESPRAZAMENTO A PONTEVEDRA PARA AS CATEGORIAS BENXAMIN, ALEVIN, CADETE E ABSOLUTO.

 

MOITO ANIMO E MOITA SORTE!!!! 

 

 

 

CONVOCATORIA CADETES – SÁBADO 30 de NOVEMBRO

 

 

Día:                         SABADO  30  DE  NOVEMBRO  DE  2013

Partido:

20:00 h.                  CW G. PONTEVEDRA            VS           CW SANTIAGO

Piscina:                  CGTD PONTEVEDRA

Convocados:        ás     15:30 h.  na piscina de Santa Isabel para traslado en autobús.

 

 

CATEGORIA:         CADETE

 

1.-  JAVIER ROMARIS
2.-  MIGUEL FERNANDEZ
3.-  TRISTAN RON
4.-  OTTO GOTHLIN
5.-  ALEX VALLE
6.-  UXIA TABOADA
7.-  DAVID ROMEU
8.-  CARLOS MIRAS
9.-  JESUS MONTOIRO
10.- MIGUEL DE UÑA
11.- XOAQUIN GENDRA
12.- BRUNO SAMPAÑO
13.- ANTON GENDRA

 

 

Lembrar a todolos xogadores convocados que deben levar:
– O  seu  D.N.I orixinal ( excepto os que teñen copia compulsada )
e

– 5 euros para o pago do bus.

CONVOCATORIA BENXAMíNS – SÁBADO 30 de NOVEMBRO

 

 

Día:                         SABADO  30  DE  NOVEMBRO  DE  2013

Partido:

18:30 h.                  CW G. PONTEVEDRA            VS           CW SANTIAGO

Piscina:                  CGTD PONTEVEDRA

Convocados:        ás     15:30 h.  na piscina de Santa Isabel para traslado en autobús.

 

 

CATEGORIA:         BENXAMÍN

 

1.- ROBERTO CARRO
2.- NEREA CARRILLO
3.- MAURO RODRIGUEZ
4.- ANXO PANERO
5.- ANDRES AMADO
6.- FERNANDO FERRER
7.- DANIEL FERREIRA
8.- SABELA FERREIRA

 

 

Lembrar a todolos xogadores convocados que deben levar:
– O  seu  D.N.I orixinal ( excepto os que teñen copia compulsada )
e

– 5 euros para o pago do bus.

 

 

CONVOCATORIA ALEVÍNS – SÁBADO 30 de NOVEMBRO

 

 

Día:                         SABADO  30  DE  NOVEMBRO  DE  2013

Partido:

19:00 h.                  CW G. PONTEVEDRA            VS           CW SANTIAGO

Piscina:                  CGTD PONTEVEDRA

Convocados:        ás     15:30 h.  na piscina de Santa Isabel para traslado en autobús.

 

 

CATEGORIA:         ALEVÍN

 

1.-  ROBERTO CARRO
2.-  ANXO PANERO
3.-  SANTIAGO ESTURAO
4.- DANIEL FERREIRA
5.-  FERNANDO FERRER
6.-  ALEX GOMEZ
7.-  MAURO RODRIGUEZ
8.-  NEREA CARRILLO
9.- MALCO GOMEZ

 

 

Lembrar a todolos xogadores convocados que deben levar:
– O  seu  D.N.I orixinal ( excepto os que teñen copia compulsada )
e

5 euros para o pago do bus.

CONVOCATORIA INFANTÍS – SÁBADO 23 de NOVEMBRO

Día:                       SABADO  23  DE  NOVEMBRO  DE  2013

Partido:

17:30h.               CW SANTIAGO            VS           CN MARINA FERROL

Piscina:                STA.  ISABEL        ( SANTIAGO  DE  COMPOSTELA )

Convocados:     ás   17:00 h.   cambiados

CATEGORIA:      INFANTIL

1.-   MARTIN TORREIRA
2.-   DANIEL Pérez
3.-   ROBERTO VIEIRO
4.-   GABOR PAZOS
5.-   ROSALIA REY
6.-   ALEX GOMEZ
7.-   MIGUEL CASTRO
8.-   ESTEBAN CARRILLO
9.-   LUIS GUILBERT
10.- DAMIAN ANTELO
11.-  ANTONIO MOSCOSO
12.-  MANUEL CEBEY

Lembrar a todolos xogadores convocados que deben levar o D.N.I orixinal
( excepto os que teñen copia compulsada )

VITORIA DO EQUIPO “B” CONTRA OURENSE

 

VITORIA  DO  EQUIPO “B”  CONTRA  OURENSE

 

Debut con vitoria do noso equipo “B” este sábado, día nove, contra ourense, que se decidiu no terceiro cuarto do partido cun parcial abrumador de un a sete. Nun partido cheo de altibaixos no que sempre foi por diante no marcador o equipo santiagués, e que grazas á súa maior condición física solucionou o partido nun terceiro cuarto espectacular e cheo de acertos, có que o noso equipo empeza líder da 2ª división. Destacar a participación de todolos xogadores o que deu maior rendimento a todos eles. 

 

 

LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISON

 

CW P.OURENSE   VS   CW SANTIAGO :   7 – 14   (2-2; 3-4; 1-7; 1-1)

 

Carlos Viaño, Miguel Fernández, Luis Ferrer, Fernando Mayer, Héctor Taboada, Pablo Piñeiro (7), Brais Raposo (4), Jacobo Pérez, Pablo Suarez (2), Angel Carro (1), Bruno Sampaño, José María del Rio

 

 

Suspendido o entreno na piscina de Sar

A consecuencia do temporal dos últimos días, a piscina de Sar está inundada, polo que o entranamento das categorías cadete, infantil, alevin y benjamin de hoxe venres 8 de novembro de 2013 a celebrar de 19:00 a 21:00 horas, queda suspendido.

Lamentamos as molestias causadas por causas alleas á vontade do clube.

Reportaxe gráfico Supercopa Galega 2013-2014

O pasado día 19 de outubro comezou a tempada 2013/2014 coa disputa da Supercopa Galega Absoluta, primeiro título da tempada, que se celebrou en Pontevedra co enfrontamento entre o CW Galaico Pontevedra e o CWSantiago.

A continuación unha reportaxe gráfica animada sobre do partido e a victoria do noso clube por 10-13 (ver a crónica do partido).