Copa Galega Absoluta Masculino e Feminino

O vindeiro sábado 2 de xuño, a partires das 09:45 na piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela, dispútase a Copa Galega absoluta de wáterpolo masculino e feminino.

Animamos a asistir a todos os que queiran disfrutar do agradable espectáculo que é un partido de wáterpolo. E para aqueles que non o coñezan, saiban que ao executarse na auga resulta un deporte dunha beleza plástica incomparable que se acompaña da emoción propia dos deportes en equipo.

As finais dos torneos dispútanse pola tarde, ás 17:15 horas a final feminina e ás 18:45 horas a final masculina.

Sen dúbida o partido estelar da xornada é a final masculina, na que os equipos de Club Waterpolo Galaico Pontevedra e Club Waterpolo Santiago teñen grandes posibilidades de repetir as emocionantes finais do play-off pola Liga galega de wáterpolo 2012, nos que os tres partidos disputados entre ambos equipos resolveronse nos últimos segundos pola escasa diferencia dun gol en todos eles. Emoción garantida.

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s