O Club Waterpolo Santiago participou o pasado 2 de xuño na copa galega absoluta feminina de wáterpolo. A competición disputouse en formato liguiña entre os tres equipos existentes na nosa Comunidade Autónoma, quedando campión o CW Galaico Pontevedra, subcampión o CN Coruña e terceiro clasificado o CW Santiago.
Noraboa ao campión: CW Galaico Pontevedra.
Na competición, o equipo de wáterpolo feminino do CW Santiago experimentou unha notable melloría, síntoma de que o camiño iniciado é o correcto. Animamos dende aquí a tódalas mulleres e rapazas que desexen probar un deporte distinto, que experimenten co wáterpolo; no que se une a maxia da auga coa emoción dos deportes de equipo. Todas elas serán benvidas ao noso clube, no que a igualdade de xénero é unha das súas premisas básicas.
Esperemos que os éxitos deportivos veñan acompañados dunha maior resposta da sociedade compostelá e que as peticións de axuda que dende a directiva do clube estánse a trasladar a empresas e institucións sexan correspondidas cara á vindeira tempada.