Este pasado sábado 17 de novembro empezaron unha serie de concentracións da preselección Galega feminina absoluta, que disputará a fase de ascenso para o campeonato de España de 1ª División, aínda con data por determinar.
Nesta preselección participan tódalas xogadoras dos tres equipos femininos galegos, da que se sacará a lista definitiva para participar no xa mencionado Campeonato. Cabe destacar que na primeira convocatoria houbo a participación de numerosas xogadoras dos tres equipos e esperemos que nas seguintes concentracións sigan igual, traballando con moitas ganas, para poder facer un digno papel nun Campeonato que para as nosas xogadoras é o primeiro.
CONCENTRACIÓNS SELECCIÓN GALEGA DE WATERPOLO FEMININO PARA CTO.ESPAÑA 2ª DIVISIÓN
DATA LUGAR PISCINA HORA
SABADO 17 NOVEMBRO 2012 PONTEVEDRA RIAS DO SUR 16.30H
SABADO 24 NOVEMBRO 2012 CORUÑA INEF CORUÑA 17.30H
SABADO 15 DECEMBRO 2012 SANTIAGO STA.ISABEL 12.30H
SABADO 12 XANEIRO 2013 CORUÑA INEF CORUÑA
SABADO 26 XANEIRO 2013 SANTIAGO STA.ISABEL 12.30 H
SABADO 2 FEBREIRO 2013 PONTEVEDRA CGTD
Datas provisionais Campeonato de España 2ª División Feminino:
13.04/25.05.2013