TRIPLA VITORIA NO INICIO DE LIGA

    Logo Rana

        Este pasado sábado seis de outubro deron inicio na piscina de Santa Isabel as ligas galegas para os equipos do CW Santiago, obtendo tres cómodas vitorias coma noutros tantos encontros.

        O primeiro equipo en inaugurar a liga foi o absoluto feminino de primeira división, que despois de oito anos de non participar na liga e grazas ao acordo de cesión de varias xogadoras do Clube Natación Coruña emprende de novo a aventura co obxetivo de estar todo o máis arriba posible e loitar por todos os títulos en xogo.

         Bo comezo das nosas mozas que desde o inicio do encontro, amosaron ser un equipo difícil de bater e cunha gran intensidade defensiva. Engadir o seu acerto cun ataque propicio no primeiro cuarto ao que se chegou cun claro cinco a cero favorable ás locais. A partir dese momento, minutos para todas as xogadoras, sobre todo as máis novas para que vaian sumando minutos cara a vindeiros encontros e vaian atopando o seu xogo nunha categoría nova para moitas delas.

LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA

CW SANTIAGO – CW OURENSE  
16- 4
(5-0; 2-0; 7-1; 2-3)

CW SANTIAGO: SORAYA LEARTE (2), AMANDA PREGO (1), ROSALIA REY (2), NATALIA ROCHA, UXIA SANLUIS, HENAR DE PABLOS (2), MARINA MIGUENS (2), MARTA OCAMPO, LAURA SANLUIS (1), CECILIA COBAS (3)

Absoluto FemininoAbsoluto Feminino

Tamén iniciou a súa liga o equipo cadete enfrentándose ao Clube Waterpolo Ourense, partido moi cómodo para o noso equipo que despois dun parcial de seis a un-igual que no partido feminino- os máis novos tiveron os seus minutos para obter experiencia e traballar para vindeiros encontros que sen dúbida serán moito máis complicados. Destacar as ganas de todos os nosos xogadores.

 

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

CW SANTIAGO – CW OURENSE  
21 -5
(6-1; 5-2; 5-1; 5-1)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO (2), LUIS GUILBERT (4), SANTI ESTURAO (2), YAGO DIAZ (1), FERNANDO FERRER (7), JESUS PEREZ, CARLOS ORDOÑEZ (1),  SAMUEL GONZALEZ (2), ANTONIO GARCIA, ANTONIO MALLO (2), MARIO BLANCO, ROBERTO CARRO.

Por último e non menos importante, fixo o seu debut o noso equipo absoluto masculino de primeira división. Partido típico de inicio de tempada con bastantes erros en ataque pero cunha gran intensidade defensiva.

Despois duns primeiros minutos de descoido no que os visitantes conseguiron perforar a portería santiaguesa, os locales axustaron a defensa e conseguiron despegarse no marcador deixando aos ourensáns durante dous cuartos sen poder anotar, mentres que os locais ían anotando para acabar no terceiro cuarto cun claro once-dous que sentenciou o encontro; quedando o último cuarto como mero trámite para acabar cun resultado de catorce a seis.

Bo inicio para os locais que conforme pasen os encontros irán collendo ritmo.

LIGA GALEGA ABSOLUTA DE 1ªDIVISION

CW SANTIAGO – CW OURENSE  
17- 7
(5-1; 3-3; 4-1; 5-2)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, MIGUEL FERNANDEZ, RAMON TURNES, GABOR PAZOS (1), ALEJANDRO PADILLA (2), ALEJANDRO GOMEZ (4), ANTONIO MOSCOSO, ANTONIO CAAMAÑO (1), PABLO SUAREZ (2), DAMIAN ANTELO (4), PABLO CHICO, ADRIAN CAMPAÑA, IAGO GARABATO

patrocinadores

Concentración Galega Feminina

O pasado 2 de Febreiro celebrouse unha concentración de waterpolo feminino galego no Complexo Rías do Sur en Pontevedra. Do compoñente santiagues asistiron Ana Leis, Irene Raposo e Sara Chorén.

A xuntanza das rapazas dos tres equipos galegos, Pontevedra,  Coruña e Santiago, serviu para coñecer distintas xogadas, aprender de cada unha das xogadoras, e  promover o waterpolo feminino. O obxectivo destas concentracións que se están a celebrar nas distintas cidades galegas, é formar unha selección galega de waterpolo feminino competente para asistir o próximo mes de Maio á fase de ascenso a 2ª división.

A impresión das nosas xogadoras foi moi positiva, xa que crea unha unión entre todas elas e deixan a un lado esa rivalidade que existe cando están enfrentadas.

Crónica Santiago 26 xaneiro

VICTORIA EN ABSOLUTO E EMPATE EN CADETE

Bo sábado de waterpolo na piscina de Sta.Isabel coa disputa de tres partidos, dous deles de liga e un amistoso na categoría feminina, con bos resultados para o CW Santiago.
Empezou a xornada cun partido amistoso femenino entre un combinado de xogadoras de Santiago e Coruña que se enfrentou ó CW Galaico Pontevedra, acabando o partido cun resultado de 9 goles a 6 a favor do combinado de xogadoras.

A continuación xogouse o primeiro dos dous partidos da liga que enfrentaban ó CW Santiago e Galaico Pontevedra, foi en categoría cadete e foi un partido moito máis igualado do que ó principio se presumía, xa que no partido de ida houbo unha clara victoria dos pontevedreses, pero os xogadores santiagueses souberon pechar os contraataques do equipo visitante e cun xogo moi intenso lograron conseguir o seu primeiro punto nesta liga cadete que, pese a ir prácticamente a maioría do partido por diante no marcador, soubo como una victoria.

CATEGORIA CADETE

CW SANTIAGO – CW GALAICO PONTEVEDRA 7-7 (2-3; 4-1; 0-1; 1-2)

Carlos Viaño, Miguel Fernández (2), Jorge Lareu, Pablo Suarez (4), Luis Ferrer (1), Héctor Taboada, Alejandra Rey, Miguel de Uña, Alex Valle, Bruno Sampaño, Carlos Neira

Por último disputouse o partido da liga absoluta entre o campeón e subcampeón da liga pasada que como se prevía foi un entrontamento moi intenso, como a maioría dos últimos partidos disputados entre ambos equipos. Despois da clara victoria no partido da primeira volta dos xogadores de Pontevedra, esta vez a balanza decantouse a favor do equipo santiagués que en todo momento foron por diante no marcador, aínda que nunca esa diferencia superou os dous goles. En definitiva, un partido moi intenso entre os dous equipos que foron os finalistas das dúas últimas ligas e que están xa traballando para intentar repetir eses logros.

CATEGORIA ABSOLUTA

CW SANTIAGO – CW GALAICO PONTEVEDRA 7-6 (3-2; 1-1; 1-0; 2-3)

David Raposo, Adrian Campaña, Luis Ferrer, Daniel Tomé, Borja Iglesias, Pablo Piñeiro (1), Brais Raposo, Antonio Caamaño (4), Yago Veiga, Ángel Carro, Pablo Suárez, Alberto Tome (2), Mateo Raposo

Esta próxima fin de semana de novo xornada de liga, esta vez en Pontevedra en categoría BENXAMIN, INFANTIL e 2ª DIVISIÓN co equipo “B”.

PRESELECCIÓN GALEGA FEMININA

Este pasado sábado 17 de novembro empezaron unha serie de concentracións da preselección Galega feminina absoluta, que disputará a fase de ascenso para o campeonato de España de 1ª División, aínda con data por determinar.

Nesta preselección participan tódalas xogadoras dos tres equipos femininos galegos, da que se sacará a lista definitiva para participar no xa mencionado Campeonato. Cabe destacar que na primeira convocatoria houbo a participación de numerosas xogadoras dos tres equipos e esperemos que nas seguintes concentracións sigan igual, traballando con moitas ganas, para poder facer un digno papel nun Campeonato que para as nosas xogadoras é o primeiro.

CONCENTRACIÓNS SELECCIÓN GALEGA DE WATERPOLO FEMININO PARA CTO.ESPAÑA 2ª DIVISIÓN

DATA                                                      LUGAR                      PISCINA                 HORA

SABADO 17 NOVEMBRO 2012       PONTEVEDRA            RIAS DO SUR          16.30H
SABADO 24 NOVEMBRO 2012       CORUÑA                     INEF CORUÑA         17.30H
SABADO 15 DECEMBRO 2012       SANTIAGO                  STA.ISABEL             12.30H
SABADO 12 XANEIRO 2013            CORUÑA                     INEF CORUÑA
SABADO 26 XANEIRO 2013            SANTIAGO                  STA.ISABEL             12.30 H
SABADO 2 FEBREIRO 2013            PONTEVEDRA            CGTD
Datas provisionais Campeonato de España 2ª División Feminino:
13.04/25.05.2013

Participación do CW Santiago na copa absoluta feminina de wáterpolo

O Club Waterpolo Santiago participou o pasado 2 de xuño na copa galega absoluta feminina de wáterpolo. A competición disputouse en formato liguiña entre os tres equipos existentes na nosa Comunidade Autónoma, quedando campión o CW Galaico Pontevedra, subcampión o CN Coruña e terceiro clasificado o CW Santiago.

Noraboa ao campión: CW Galaico Pontevedra.

Na competición, o equipo de wáterpolo feminino do CW Santiago experimentou unha notable melloría, síntoma de que o camiño iniciado é o correcto. Animamos dende aquí a tódalas mulleres e rapazas que desexen probar un deporte distinto, que experimenten co wáterpolo; no que se une a maxia da auga coa emoción dos deportes de equipo. Todas elas serán benvidas ao noso clube, no que a igualdade de xénero é unha das súas premisas básicas.

Esperemos que os éxitos deportivos veñan acompañados dunha maior resposta da sociedade compostelá e que as peticións de axuda que dende a directiva do clube estánse a trasladar a empresas e institucións sexan correspondidas cara á vindeira tempada.