O CW Santiago “B” obtivo a súa seguda victoria da temporada na liga de 2ª división na piscina do CGTD de Pontevedra contra o CW Padrón nun gran encontro dos nosos xogadores máis novos que souberon xogar e demostrar a súa calidade contra un equipo moito máis físico, pero que nada puido facer ante o maior empuxe e condición física dos nosos, que souberon xogar de igual a igual, e ó final acabar gañando o partido.
Comezou o partido cos dous primeiros cuartos moi igualados, chegando á metade do encontro con empate a catro, que facía presaxiar que o partido sería igualado ata o final. No terceiro cuarto os santiagueses colleron unha vantaxe de dous goles, que souberon administrar e incluso aumentar, ata chegar ó final do partido cunha victoria por trece goles a nove.
Destacar o gran xogo de equipo, con xogadas e goles de moi boa calidade, que fai presaxiar que este equipo ten un moi bo futuro.
CATEGORIA ABSOLUTA 2ª DIVISION
CW PADRON – CW SANTIAGO “B” 9-13 (2-2; 2-2; 2-4; 3-5)
Carlos Viaño, Adrian Pallares, Ramón Turnes (3), Fernando Mayer (3), Borja Iglesias, Carlos Bouzas, José Mª del Río, Raúl Gallego (3), Luis Ferrer (1), Pablo Suarez (1), Alberto Tome (2).