ENTRENOS DO CLUBE WATERPOLO SANTIAGO EN NADAL
Chega o Nadal e como cada ano os entrenos do Clube Waterpolo Santiago sufren modificacións durante estas datas. É importante estar atento ós cambios que se realizan para poder levar a cabo a actividade sen ningún tipo de problemas, e como a nosa páxina web é unha das nosas maiores fontes de información, empregaremos este medio tamén para lembrarvos os días e horarios de entreno. Lembrar que durante estas datas se anulan os entrenos en Sar para os pequenos e as chicas, e o físico para os absolutos, quedando só a piscina de Sta.Isabel para os entrenos.
CATEGORÍAS INFANTIL, ALEVÍN E BENXAMÍN
ÚLTIMO DÍA DE ENTRENO — SÁBADO 22 de DECEMBRO de 2012 (STA.ISABEL)
COMEZO DE ENTRENOS – MARTES 8 de XANEIRO de 2013 (SAR)
ABSOLUTOS, CADETES E FEMENINO
DECEMBRO: MÉRCORES 26 – XOVES 27 de 21.30H a 23.15H (STA.ISABEL)
XANEIRO: MÉRCORES 2 – XOVES 3 – VENRES 4 de 21.30H a 23.15 H (STA.ISABEL)
· O venres 28 de decembro non hai entreno por disputarse os Campeonatos Galegos de Natación e estar a piscina ocupada.
Desde o Clube Waterpolo Santiago desexámosvos Felices Festas a tódolos nosos deportistas e achegados, e que teñades unha moi boa saída e entrada de ano!!!