UN EMPATE E DÚAS DERROTAS EN CORUÑA
Este pasado sábado o CW Santiago pese ó temporal dirixiuse a Coruña para xogar tres partidos da liga Galega en categorías alevín, cadete e absoluto.
A tarde empezou co partido alevín, que ó igual que o xogado en Santiago resultou moi emocionante e igualado, caendo do lado do equipo coruñés, por un resultado de 6-4. Empezou o partido co equipo santiagués por diante no marcador nos dous primeiros cuartos, pero ó final decantouse a favor dos coruñeses pola súa mellor efectividade de cara á portería. Destacar o bo xogo dos dous equipos que xa nesta categoría empezan a destacar polos seus momentos brillantes de xogo.
CATEGORIA ALEVIN:
CN CORUÑA- CW SANTIAGO 6-4 (1-2; 1-1; 1-0; 1-0; 0-0; 2-1)
Jorge Gómez (1), Luis Guilbert, Roberto Vieiro, Gabor Pazos (2), Rosalía Rey, Alex Gómez (1), Sara Valle, Esteban Carrillo, Daniel Ferreira, Yasin Missler, Berta Cobas, Laura San Luís
Despois do igualado partido alevín, tocoulles ós equipos cadetes de ambos clubes, onde os xogadores do equipo coruñés foron moi superiores aínda que cabe destacar a actitude e as ganas do equipo santiagués, moi mermado polas baixas e con varios xogadores infantís, ó que aínda así hai que felicitar polo esforzo realizado.
CATEGORIA CADETE:
CN CORUÑA – CW SANTIAGO 10- 1 (2-0; 3-0; 2-1; 3-0)
Pablo Suarez, Miguel Fernández, Jorge Lareu, Luis Ferrer (1), Héctor Taboada, Nazaret Mayo, Miguel de Uña, Alejandro Valle, Bruno Sampaño, Manuel Cebey
Por último celebrouse o partido en categoría absoluta que foi á postre o partido máis igualado de todos, e aínda que o equipo santiagués foi durante a maior parte do partido por diante no marcador, un nefasto terceiro cuarto con cinco goles en contra supuxo unha lousa que a punto estivo de dar ó traste co bo partido realizado nos outros tres cuartos, e tendo en conta que a falta de 42” CN Coruña se puxo por primeira vez por diante no marcador, o equipo Santiagués soubo volver a poñer as tablas na última xogada do partido a falta de 8” por mediación de Fernando Mayer, pódese considerar que o empate foi un resultado xusto.
CATEGORIA ABSOLUTA:
CN CORUÑA – CW SANTIAGO 12-12 (2-2; 1-3; 5-3; 4-4)
Mateo Raposo, Adrián Campaña, Luis Ferrer, Fernando Mayer (2), Borja Iglesias, Pablo Piñeiro (5), Brais Raposo (3), Antonio Caamaño (1), Yago Veiga, Angel Carro, Pablo Suarez, Alberto Tome (1), David Raposo.
Esta próxima fin de semana nova cita do CW SANTIAGO esta vez nas piscinas de Sta.Isabel, para xogar ás 16h un partido amistoso femenino entre un combinado do CW SANTIAGO e CN CORUÑA contra G.PONTEVEDRA, e dous partidos máis da liga, o primeiro ás 17.30h en categoría cadete e o segundo ás 19h contra o absoluto do G.PONTEVEDRA no cal esperamos resarcirnos da derrota do partido da primeira volta.
¡¡¡ESPERÁMOSVOS A TODOS PARA ANIMAR!!!