Este pasado sábado día 26 tivo lugar a 3ª concentración dos xogadores galegos infantís de waterpolo de cara ó Campeonato de España por comunidades que se celebrará en Madrid. Dentro dos xogadores convocados continúan os dous do CW Santiago: Bruno Sampaño e Javi Romaris.
Celebrouse na piscina de Pontemuiños en Pontevedra e foi unha xornada matinal dedicada a dous entrenamentos na agua que estiveron divididos cunha sesión de video no medio.
Destacar a actitude e ganas dos nosos xogadores que como en cada concentración, esperamos estean na seguinte a celebrar dentro de 15 días.