O Clube Waterpolo Santiago subcampión Galego Xuvenil

Este sábado día 23 de febreiro, celebrouse en Santiago o Campionato Galego Xuvenil de waterpolo no que o noso clube acabou subcampión, despois de gañar a Marina Ferrol e perder contra G. Pontevedra.

A xornada empezou co que se podería dicir que foi a final do Campionato, partido que enfrentou ó CW Santiago contra G.Pontevedra e que durante a maior parte do partido estivo moi igualado, pero a maior condición física e a baixa por tres exclusións dalgún xogador clave dos santiagueses, propiciaron un resultado máis abultado do que se viu no encontro.

CW SANTIAGO – CWG.PONTEVEDRA   11-17 (2-3; 4-4; 3-4; 2-6)

Carlos Viaño, Miguel Fernández, Jorge Lareu, Pablo Suarez (2), Luis Ferrer, Héctor Taboada, Angel Carro (2), Bruno Sampaño, Alex Valle, Alberto Tome (7), Miguel de Uña.

 

Seguidamente deste partido disputouse o segundo e terceiro posto entre os santiagueses e o clube Marina Ferrol. Despois dun comezo con moitos fallos de cara á portería e olvidar a derrota do partido anterior, os nosos xogadores souberon sobrepoñerse e vencer con claridade despois dun gran esforzo tanto colectivo como individual.

 CW SANTIAGO – CM FERROL  9 – 4 (1-2; 2-0; 2-1;4-1)

Carlos Viaño, Miguel Fernández, Jorge Lareu, Pablo Suarez (1), Luis Ferrer, Héctor Taboada (1), Angel Carro, Bruno Sampaño, Alex Valle, Alberto Tome (7), Miguel de Uña.

 

 

Esta próxima fin de semana nova xornada da liga alevín, infantil e cadete en Ferrol, e o primeiro partido do play off semifinal da liga absoluta entre C.Marina Ferrol e CW Santiago.

Sorte a tódolos nosos deportistas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s