O Clube Waterpolo Santiago subcampión Galego Xuvenil

Este sábado día 23 de febreiro, celebrouse en Santiago o Campionato Galego Xuvenil de waterpolo no que o noso clube acabou subcampión, despois de gañar a Marina Ferrol e perder contra G. Pontevedra.

A xornada empezou co que se podería dicir que foi a final do Campionato, partido que enfrentou ó CW Santiago contra G.Pontevedra e que durante a maior parte do partido estivo moi igualado, pero a maior condición física e a baixa por tres exclusións dalgún xogador clave dos santiagueses, propiciaron un resultado máis abultado do que se viu no encontro.

CW SANTIAGO – CWG.PONTEVEDRA   11-17 (2-3; 4-4; 3-4; 2-6)

Carlos Viaño, Miguel Fernández, Jorge Lareu, Pablo Suarez (2), Luis Ferrer, Héctor Taboada, Angel Carro (2), Bruno Sampaño, Alex Valle, Alberto Tome (7), Miguel de Uña.

 

Seguidamente deste partido disputouse o segundo e terceiro posto entre os santiagueses e o clube Marina Ferrol. Despois dun comezo con moitos fallos de cara á portería e olvidar a derrota do partido anterior, os nosos xogadores souberon sobrepoñerse e vencer con claridade despois dun gran esforzo tanto colectivo como individual.

 CW SANTIAGO – CM FERROL  9 – 4 (1-2; 2-0; 2-1;4-1)

Carlos Viaño, Miguel Fernández, Jorge Lareu, Pablo Suarez (1), Luis Ferrer, Héctor Taboada (1), Angel Carro, Bruno Sampaño, Alex Valle, Alberto Tome (7), Miguel de Uña.

 

 

Esta próxima fin de semana nova xornada da liga alevín, infantil e cadete en Ferrol, e o primeiro partido do play off semifinal da liga absoluta entre C.Marina Ferrol e CW Santiago.

Sorte a tódolos nosos deportistas.

Convocatoria Web Xuvenil 23/02/2013

 

Partido: CAMPIONATO GALEGO XUVENIL
Dia: sábado 23 de febreiro de 2013
Hora: 10h CW SANTIAGO – G.PONTEVEDRA
            11.30h CW SANTIAGO – M.FERROL
Piscina: STA.ISABEL (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
CATEGORIA: XUVENIL

 

1. CARLOS VIAÑO
2. MIGUEL FERNANDEZ
3. JORGE LAREU
4. PABLO SUAREZ
5. LUIS FERRER
6. HECTOR TABOADA
7. ANGEL CARRO
8. NAZARET MAYO
9. ALEJANDRA REY
10. BRUNO SAMPAÑO
11. ALEX VALLE
12. ALBERTO TOME
13. MIGUEL DE UÑA

 

Lembrar a tódolos xogadores convocados que deben levar o DNI orixinal (excepto os que teñen copia compulsada)

 

Campionato Galego Xuvenil de waterpolo 23/02/2013

Este sábado 23 de febreiro terá lugar en Santiago, na piscina de Santa Isabel, o campionato Galego Xuvenil de waterpolo. Os equipos inscritos a este campionato son: CW Galaico Pontevedra, C.Marina Ferrol, e CW Santiago.

Os enfrontamentos quedan da seguinte forma despois do sorteo:

 

O campionato disputarase por sistema de liguilla “todos contra todos” a unha volta. A duración dos encontros será de catro tempos de 7 minutos a tempo parado, con 2 minutos de descanso.
En caso de empate, procederase ó lanzamento de tandas de penaltis.