Crónica CW Santiago 9 marzo

CW SANTIAGO CLASIFICADO PARA O PLAY OFF FINAL DA LIGA

Por cuarto ano consecutivo o CW Santiago loitará polo título da liga territorial galega absoluta, despois de vencer pola vía rápida ó C. Marina Ferrol nas semifinais. Venceron este sábado no segundo partido de forma contundente e, despois de realizar os dous primeiros cuartos excelentes de xogo, deixaron sentenciado o partido ante un rival que sempre adoita complicar as cousas ó equipo santiagués, pero que cunha defensa moi sólida e un ataque ben equilibrado sentenciou cun oito goles a dous antes da metade do partido.

PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALLEGA ABSOLUTA 1ªDIVISION

CW SANTIAGO – CM FERROL 12 – 5 (4-0; 4-2; 2-2; 2-1)

David Raposo, Adrian Campaña (1), Ramón Turnes, Fernando Mayer (1), Borja Iglesias, Pablo Piñeiro (6), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (2), Luis Ferrer, Angel Carro, Pablo Suarez (1), Alberto Tomé, Mateo Raposo.

Pola súa parte o noso equipo “B” con varias baixas na súa alineación, colleitou outra victoria esta moito máis axustada, na liga da 2ª división, despois de vencer ó CW Padrón por un resultado dun gol arriba. Destacar o gran esforzo realizado polos nosos xogadores que ó final conseguiron impoñerse tras remontar no terceiro cuarto e xa non deixar de ir por diante no marcador.

LIGA GALLEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION

CW SANTIAGO “B” – CW PADRON 13 – 12 (2-3; 2-2; 5-3; 4-4)

Carlos Viaño, Ramón Turnes (1), Luis Ferrer, Angel Carro, Jacobo Pérez, Yago Veiga, Daniel Tome (3), Pablo Suarez (3), Alberto Tome (6), Bruno Sampaño.

ESTA PRÓXIMA FIN DE SEMANA, O CW SANTIAGO DESPLÁZASE A CORUÑA PARA DISPUTAR UNHA NOVA XORNADA DA LIGA GALEGA ABSOLUTA DE 2ª DIVISION E DA LIGA GALEGA ALEVÍN. OS DOUS PARTIDOS CONTRA ASOCIACIÓN CORUÑESA DE WATERPOLO.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s