Crónica Play Off 1º

DERROTA DO CW SANTIAGO NO 1º PARTIDO DO PLAY OFF

Este sábado día 20 de abril disputouse en Pontevedra o primeiro partido do play off final da Liga Galega de waterpolo entre o CWG Pontevedra e o CW Santiago.

Como se prevía foi un partido moi igualado que se decidiu a favor de Pontevedra no último cuarto despois dun partido moi intenso, que sempre foi un gol arriba ou abaixo durante a maioría do encontro e que pese ó gran esforzo dos nosos xogadores o maior acerto final de Pontevedra, deu a victoria ó equipo local. Destacar a gran actitude dos nosos xogadores que nunca se rinderon ata o final do partido.

O próximo partido disputarase o próximo sábado 27 de abril ás 18.30h na piscina de Sta.Isabel en Santiago, onde necesitaremos o apoyo de toda a nosa xente para animar ó noso equipo e conseguir chegar ó terceiro partido.  Esperamos a maior asistencia para animar.

PLAY OFF FINAL LIGA ABSOLUTA

CWG PONTEVEDRA – CW SANTIAGO  14 – 12 (3-3; 3-2; 5-6; 3-1)

Mateo Raposo, Adrián Campaña (1), Luis Ferrer, Fernando Mayer (1), Borja Iglesias, Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo, Antonio Caamaño, Daniel Tomé (1), Ángel Carro, Pablo Suarez (2), Alberto Tomé (4)

¡¡¡TODOS CONVOCADOS O SÁBADO 27 ÁS 18.30H EN STA.ISABEL PARA ANIMAR ÓS NOSOS XOGADORES!!!

¡¡¡O VOSO APOIO SERÁ FUNDAMENTAL!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s