Crónica 2º partido Play Off

CW SANTIAGO EMPATA O PLAY OFF FINAL DA LIGA

O CW Santiago empatou o play off final da liga galega Absoluta despois de gañar na piscina de Sta.Isabel ó outro finalista,  o CWG Pontevedra, nun partido marcado pola igualdade e que foi definitivo o terceiro cuarto onde o equipo santiagués mantivo a portería a cero e soubo controlar o final do partido aínda acercándose o equipo visitante a un só gol a falta de dous minutos, pero unha xogada en superioridade na seguinte xogada de ataque e a falta dun minuto e medio colocou o definitivo nove a siete que xa non se moveu ata ó final pese á insistencia do equipo visitante.

Comenzou o partido cun bo tono defensivo do CW Santiago que ademáis soubo acertar nas primeiras xogadas de ataque colocándose cun esperanzador dous a cero, que daba confianza ós seguidores santiagueses nunha piscina de Sta. Isabel cun ambiente extraordinario e cunha asistencia de público excepcional que deu moito ambiente ó partido, pero os xogadores de Pontevedra empataron o encontro ó final do cuarto, e continuou coa la mesma tónica no segundo cuarto, sempre adiantándose o equipo local e empatando o visitante. O terceiro cuarto foi practicamente definitivo, xa que os santiagueses conseguiron despegarse dous goles arriba e manter a portería a cero e souberon manter a renta de dous goles ata o final, que lle daba o empate no play off, e deixa para o próximo día 18 de mayo a resolución desta liga galega tan igualada.

CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA  9 – 7 (2-2; 3-3; 2-0; 2-2)

 David Raposo, Adrián Campaña, Luis Ferrer, Dani García (1), Borja Iglesias, Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño, Dani Tomé, Ángel Carro, Pablo Suárez (3), Alberto Tomé (1), Carlos Viaño.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s