O pasado sábado día 22 de febreiro, disputouse o Campionato Xuvenil Galego de Waterpolo en Santiago, onde o noso equipo rematou cuarto despois de perder na primeira semifinal fronte o RCN de Vigo. Remataron perdendo por un axustado 6 a 5, despois de ir por diante no marcador durante a maior parte do encontro. Nesta semifinal, foron claves as ocasións falladas destacando o derradeiro minuto de xogo, moi polémico; onde se puido pasar de gañar a perder a falta de dezasete segundos para o remate do encontro. Na derradeira xogada, non houbo nin sequera oportunidade a executar un lanzamento a porta polos nosos xogadores. Isto supuxo ter que xogar á tarde polo terceiro e cuarto posto.
Tras a decepción da mañá, os nosos xogadores tentaron sobrepoñerse coa intención de afrontar a loita polo bronce fronte o equipo de Pontevedra, perdedor da outra semifinal da mañá. Neste partido os xogadores de Pontevedra estiveron moito máis acertados e gañaron o partido por un claro marcador de 13 a 10. Foi un partido con pouca historia, onde os xogadores santiagueses aguantaron ata o derradeiro minuto do primero cuarto, onde tres erros defensivos doulles una vantaxe ao equipo pontevedrés que souberon administrar durante todo o partido a pesar dos repetidos intentos dos santiagueses por sacar adiante este encontro.
CAMPEONATO GALEGO xUVENIL
SÁBADO 22 DE FEBREIRO MAÑÁN
1ª SEMIFINAL: CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 5-6 (1-0; 1-0; 1-3; 2-3)
CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández, Luis Ferrer, Otto Gothlin, Héctor Taboada, Jorge Lareu, David Romeu, Jesús Montoiro (1), Pablo Suarez (2), Angel Carro (2), Xoaquin Gendra, Bruno Sampaño, Javier Romaris.
2ª SEMIFINAL: CN CORUÑA – CWG PONTEVEDRA 7-5
SÁBADO 22 DE FEBREIRO SERÁN
3º – 4º POSTO: CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA 10 – 13 (2-5; 1-1; 2-5; 5-2)
CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández (1), Luis Ferrer (1), Alejandro Valle, Héctor Taboada, Jorge Lareu, David Romeu, Jesús Montoiro, Pablo Suarez (5), Angel Carro (3), Xoaquin Gendra, Bruno Sampaño, Antón Gendra.
FINAL: CN CORUÑA – RCN DE VIGO 11-5
Clasificación final:
CAMPIÓN CN CORUÑA
SEGUNDO RCN DE VIGO
TERCEIRO CWG PONTEVEDRA
CUARTO CW SANTIAGO