UNHA VICTORIA E UNHA DERROTA EN FERROL DOS NOSOS EQUIPOS

Nova xornada de liga, disputada este domingo 23 de febreiro en Ferrol, dos nosos equipos. Cun balance dunha victoria, do noso equipo absoluto da segunda división, e unha derrota dos máis novos, os nosos alevíns. Estes notaron a baixa, sobre todo no ataque, do mellor xogador, aínda que defensivamente é un equipo que traballa moi ben. Todo isto tendo en conta que, máis da metade dos goles do equipo contrario tiveron lugar nos dous derradeiros cuartos. Seguen traballando moi ben e aprendendo, que é o importante en todo deporte.

 

LIGA GALEGA ALEVÍN

 

CM FERROL – CW SANTIAGO  14-0 (3-0; 1-0; 2-0; 0-0; 4-0; 4-0)

 

CW SANTIAGO: Roberto Carro, Luis Guilbert, Santiago Esturao, Daniel Ferreira, Fernando Ferrer, Sara Valle, Nerea Carrillo, Jorge Gómez.

 

Despois deste encontro tivo lugar o enfrontamento na segunda división, dos equipos “B” de ambos os clubes. Nun partido moi duro, que se resolveu no terceiro cuarto cun tanteo de 1 a 7, onde tivo un papel moi destacado o noso capitán José Mª del Río (derradeiro partido para el nesta tempada debido a motivos laboráis), xa que repartiu varias asistencias que permitiron deixar sentenciado o encontro. Desexamos de todo corazón que teña éxito nesta nova etapa, e lembrándolle que sempre terá abertas as portas do noso club, do seu club.

 DSC_0082

LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISIÓN

 

CM FERROL – CW SANTIAGO  9-15 (2-4; 2-1; 1-7; 4-3)

 

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández, Ramón Turnes (3), Alberto Cabrera, Héctor Taboada, Jacobo Pérez, José Mª del Rio, Pablo Suarez (4), Angel Carro (4), Luis Ferrer (1), Pablo Pieroni (3).

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s