CÓMODA VICTORIA DO CW SANTIAGO FRONTE O RCN DE VIGO NA LIGA ABSOLUTA DE 1ª DIVISIÓN

Dou comenzo a liga galega absoluta de waterpolo na súa categoría absoluta, cunha clara vitoria do CW Santiago fronte o RCN de Vigo, con un contundente 18 a 4, tendo un partido moi pracido pra os nosos xogadores, que levaron dende o inicio o marcador o seu favor.

Comenzou o primeiro cuarto cos santiagueses facendo unha gran defensa, roubando numerosos balóns pra sair á contra e crear claras ocasións de gol, que non souberon materializar pola grande actuación do porteiro visitante, que chegou a deter ata cinco un contra un seguidos, e que non puido facer nada ante o primeiro e único gol local neste cuarto, obra de Viti marcando a pracer despois dunha gran asistencia do capitan Toño.

Despois dos nervios iniciais caro o gol, no segundo cuarto entrou en funcionamento a maquinaria atacante dos locais, onde conseguiron escaparse definitivamente no marcador, ainda que dous erros defensivos dos nosos supuxo recortar lixeiramente a vantaxe adquirida, indo ó descanso con un resultado a prol dos nosos de 8 a 3 e coa tranquilidade necesaria pra afrontar os dous últimos cuartos do encontro.

Foron, estes dous últimos cuartos, moi tranquilos pra os xogadores locais, con parciais de 5 a 1 e 5 a 0, rematando o partido de maneira moi cómoda, podendo dar minutos de xogo a todos os xogadores, tendo lugar o debut de Suso no equipo absoluto, que ademais rubricou con un gol.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISIÓN

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 18 – 4 (1-0; 7-3; 5-1; 5-0)

CW SANTIAGO: Mateo Raposo, Miguel Fernández, Ramón Turnes, Fernando Mayer(2), Luis Ferrer(1), Pablo Piñeiro(5), Brais Raposo(2), Toño Caamaño(2), Viti Suarez(2), Ángel Carro (2), Suso Montoiro (1), Adrián Campaña (1)

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s