DERROTA DOS CADETES NO PRIMEIRO PARTIDO DA LIGA

O pasado sábado, dou comenzo a Liga Galega Cadete pra o Club Waterpolo Santiago fronte o Real Clube Náutico de Vigo, coa derrota dos nosos por un contundente 2 – 10. O partido foi bo en defensa, pero moi malo en ataque, onde os nosos xogadores non souberon, en ningún momento, superar á defensa dos vigueses, clave da súa victoria.

Comenzou o primeiro cuarto con un xogo moi igualado e coa gran actuación do porteiro santiagués, evitando varios tantos nos primeiros minutos de xogo, e que nada pudo facer a falta de 1´27″, onde os visitantes adiantáronse e comenzaron o seu despegue con outro tanto a falta de 27″ pra o remate do cuarto.

O segundo cuarto continuou coa mesma tónica do primeiro, onde os xogadores santiagueses fallaron numerosas superioridades en ataque e os xogadores vigueses estiveron atinados fronte o gol, chegándose o descanso con un claro 0 a 5 a prol dos vigueses.

O terceiro cuarto foi o máis igualado de todos, con empate a un gol, tendo lugar o 0 a 6 a prol dos vigueses noutra suiperioridade numérica, e o gol de Bruno, por parte dos locais, que inauguraba o marcador dos santiagueses, froito de unha nova superioridade.

O último cuarto, xa co marcador decidido a prol dos vigueses, foi pra os xogadores con menos minutos de ambos os dous equipos, e que se saldou con un parcial de 1 a 4, e co resultado final de 2 a 10.

 

LIGA GALEGA CADETE

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO   2- 10 (0-2; 0-3; 1-1; 1-4)

CW SANTIAGO: Javier Romaris, Gabor Pazos, Paulo Junquera, Otto Gothlin, Alex Valle, Uxía Taboada, Rosalía Rey, Esteban Carrillo, Alex Gómez, Manuel Cebey (1), Xoaquín Gendra, Bruno Sampaño (1), Antón Gendra

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s