Este pasado fin de semana disputouse nas instalacións de INEF Coruña, o Campionato Galego Xuvenil de waterpolo, onde o noso equipo conseguiu un meritorio subcampionato tras perder na final fronte o CWG Pontevedra por un resultado final de 6 a 13.
O noso equipo gañou a primeira semifinal da xornada ante CWG Pontevedra “B“, nun partido resolto nos primeiros minutos do último cuarto cun parcial de 4 a 1, que conseguiu distanciar definitivamente aos santiagueses, e que permitiu dar os minutos finais aos xogadores máis novos, nun partido xogado con moitos altibaixos e fallando demasiadas ocasións claras de gol.
Pola tarde, aínda que o resultado final inclino a balanza a favor de CWG Pontevedra “A” por 6 a 13, o equipo tivo moita maior intensidade defensiva que provocou que o primeiro cuarto acabase con vantaxe santiaguesa por 3 a 2, aínda que un parcial demoledor dos pontevedreses, de 5 a 0, deixou case sentenciada a final. Aínda que cabe dicir que os santiagueses mantiveron o tipo e loitaron ata o final dando unha mellor imaxe que pola mañá. Felicitacións aos xogadores que conseguiron co seu grande esforzo un subcampionato moi meritorio.
CAMPIONATO GALEGO XUVENIL
1ª SEMIFINAL
CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA “B” 11-7 (2-0; 2-2; 2-2; 5-3)
CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández, Jorge Lareu (1), Antón Gendra, Luis Ferrer (3), Uxía Taboada, Miguel de Uña, Jesús Montoiro (1), Pablo Suárez (6), Manuel Cebey, Xoaquín Gendra, Bruno Sampaño, Javier Romarís
FINAL
CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA “A” 6-13 (3-2; 0-5; 0-2; 3-4)
CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández, Jorge Lareu, Javier Romarís, Luis Ferrer (3), Uxía Taboada, Miguel de Uña, Jesús Montoiro, Pablo Suárez (2), Manuel Cebey, Xoaquín Gendra, Bruno Sampaño (1), Antón Gendra