1º PARTIDO PLAY OFF SEMIFINAL

DERROTA NOS PENALTIS NO 1º PARTIDO PLAY OFF SEMIFINALcws-logo5

Este pasado sábado comezou o play off da liga Galega Absoluta de 1ª División co primeiro partido semifinal que enfrontaba en Sta. Isabel ao CW Santiago e CWG Pontevedra, primeiro enfrontamento e primeiro partido moi igualado como se prevía resolvéndose ao final na quenda de penaltis despois de chegar ao final do encontro con empate a quince goles e onde os pontevedreses tiveron máis puntería na quenda de penaltis gañándoos por catro a tres.

Desde o principio foi un partido moi igualado con mínimas vantaxes para un e outro equipo que non supero os dous goles de diferenza, como así reflicte os parciais do encontro. Durante os dous primeiros cuartos sucedéronse os goles dado que as defensas estiveron pouco activas o que motivo dous parciais iguais de catro a catro co que se chegou ao descanso cun empate a oito. O terceiro cuarto os locais conseguiron unha mínima vantaxe dun gol que ao principio do último cuarto conseguiu ser de dous goles pero os visitantes remontaron e puxéronse por diante ata que, a falta de corenta e oito segundos, conseguiron empatar os santiagueses chegando ao final do encontro co mencionado empate a quince. O partido decidiríase nos penaltis para os visitantes despois de que os locais fallasen dous dos seus lanzamentos por un dos pontevedreses.

Este próximo sábado ás 17h no CGTD de Pontevedra segundo partido da semifinal, onde os santiagueses están obrigados a gañar se non queren quedar fóra da final.

 

PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION

CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA 15 – 15 (4-4; 4-4; 4-3; 3-4) PENALTIS 3-4

CW SANTIAGO: Adrian García, Miguel Fernandez, Ramón Turnes, Alex Gómez, Alejandro Padilla (2), Pablo Piñeiro (6), Brais Raposo (2), Antonio Caamaño (2), Pablo Suarez (3), Angel Carro, Luis Ferrer, Adrian Campaña, Miguel Barca

 

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s