DÚAS DERROTAS E 
UNHA VITORIA
CONTRA GALAICO PONTEVEDRA
Dúas derrotas (alevín e cadete feminino) e unha vitoria (infantil), é o balance cultivado polos nosos equipos este pasado fin de semana no triplo enfrontamento de liga ante o CWG Pontevedra nos respectivos partidos das ligas galegas de categorías.
O primeiro partido do CW Santiago foi en categoría alevín, onde se enfrontaban ao equipo “A” do Galaico Pontevedra, onde nosos peques mantiveron o tipo en defensa ante un equipo moi superior física e tacticamente pero non puideron perforar a portería pontevedresa en ningunha ocasión. Aínda así bo partido dos nosos mozos que seguen en continua progresión.
LIGA GALEGA ALEVIN
CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA 0-7 (0-1; 0-0; 0-2; 0-1; 0-1; 0-2)
CW SANTIAGO: Roberto Carro, Saray Guilbert, Antonio García, Gabriel Lesende, Fernando Ferrer, Uxia Sanluis, Samuel González, Anxo Panero, Miguel Barca, Martin Zas.
O seguinte partido en disputarse foi na categoría cadete feminina, onde o CWG Pontevedra xa campión de liga venceu por dous goles a cinco nun partido rifado e onde a maior puntería das pontevedresas deulles unha vitoria xusta aínda que loitada por ambos equipos. Boa progresión das nosas mozas no seu primeiro ano na categoría.
LIGA GALEGA CADETE FEMININA
CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA 2-5 (1-1; 0-0; 0-2; 0-2; 0-0; 1-0)
CW SANTIAGO: Sandra Gómez, Saray Guilbert, Martina Couceiro, Laura Sanluis, Rosalia Rey (2), Uxia Sanluis, Natalia Vieites
O último partido en disputarse foi en categoría infantil, e enfrontaba aos santiagueses con Pontevedra “B”, partido dominado desde o principio polos locais que xa a metade de partido vencían por seis goles por mor do seu bo facer defensivo e a súa puntería en ataque, que xunto cun bo xogo de contraataque permitiu unha vitoria folgada.
LIGA GALLEGA INFANTIL
CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA “B” 11-4 (1-0; 3-1; 2-0; 2-0; 1-0; 2-3)
CW SANTIAGO: Iago Garabato, Luis Guilbert (3), Santiago Esturao, Fernando Ferrer, Alex Gómez (4), Natalia Vieites (1), Samuel González, Jorge Gómez (3), Antonio Mallo, Anxo Panero, Martin Zas, Roberto Carro.