Cronica Pontevedra Absoluto Play Off

O CW SANTIAGO CAE cws-logo5
EN SEMIFINAIS DO PLAY OFF

O CW Santiago desprazouse a Pontevedra o pasado sábado para xogar o Segundo e decisivo partido do play off semifinal ante CWG Pontevedra;  despois da derrota en casa fai quince días nos penaltis o partido era decisivo para os santiagueses que saíron moi concentrados e con ánimo de forzar o terceiro partido, pero nun encontro moi igualado durante os dous primeiros cuartos, o terceiro cuarto foi o decisivo e os xogadores locais distanciáronse para aguantar o último cuarto e levar a Vitoria final por doce goles a nove. Como indicabamos anteriormente os dous primeiros parciais saldáronse con empate, dous a dous o primeiro e tres a tres o segundo chegándose ao descanso con empate a cinco despois de que os visitantes tivesen a oportunidade de irse por diante no marcador, pero un penalti errado no último segundo deixou o partido en táboas.  Prevíase igual de igualado os dous seguintes parciais, aínda que os erros en ataque no terceiro cuarto propiciaron que os de Lerez distanciáranse despois dun parcial de catro a un, e que a pesar da insistencia dos visitantes por tentar achegarse no marcador, non lles foi posible xa que os locais souberon manter a calma e acabar o derradeiro cuarto con outro empate a tres que propiciou o resultado final.

copia

 

SEMIFINAL PLAY OFF ABSOLUTO 1ª DIVISION – 2º Partido

CWG PONTEVEDRA – CW SANTIAGO   12-9 (2-2; 3-3; 4-1; 3-3)

CW SANTIAGO: Adrian García, Miguel Fernandez, Ramón Turnes, Gabor Pazos, Alejandro Padilla, Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo (3), Antonio Caamaño (1), Pablo Suarez (1), Angel Carro, Luis Ferrer, Adrian Campaña, Miguel Barca (1)

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s