CAMPIONATO DE VERÁN
Os días 25 e 26 de xuño os nosos cadetes desprazáronse ás instalacións da:
Escola Naval Militar de Marín
para participar na derradeira competición oficial da tempada, ao campionato Galego Cadete de verán.
Encadrados no grupo A, empezou a súa participación ante RCN de Vigo “B” cunha vitoria axustada por catro goles a tres; o segundo e terceiro partidos saldáronse con derrotas ante CN Coruña e CW Pontevedra por nove goles a tres e dez a un respectivamente, o que deu a terceira posición de grupo e loitar pola quinta e sexta praza ante o CW Pontevedra “B”, que se saldou despois dun partido moi igualado a favor dos pontevedreses na quenda de penaltis despois de chegar ao final do encontro con empate a oito.
Cabe destacar a gran progresión de noso equipo cadete na súa maioría formado por xogadores de primeiro ano cadete e que terán oportunidade de continuar a vindeira tempada coa súa progresión nesta mesma categoría.
Participantes cadetes no Campionato Galego:
Martín Torreira, Antonio Moscoso, Roberto Vieiro, Gabor Pazos, Laura Sanluis, Alex Gómez, Iván Vieites, Paulo Junquera, Jorge Gómez, Damián Antelo, Pablo Chico, Jorge Rodríguez e Iago Garabato.
CAMPIONATO GALEGO CADETE DE VERÁN
GRUPO A
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO B 4-3
CW SANTIAGO – CN CORUÑA 3-9
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA A 1-10
CLASIFICACION
1º.- CW PONTEVEDRA A
2º.- CN CORUÑA
3º.- CW SANTIAGO
4º.- RCN DE VIGO B
FINAL 5º Y 6º LUGAR
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA B 8-8 (PENALTIS 3-4)
CLASIFICACION 5º LUGAR