INICIO LIGUEIRO

UNHA VITORIA E TRES DERROTAS NO INICIO LIGUEIRO

Inicio de tempada para o CW Santiago con desprazamento a Pontevedra para xogar catro partidos das ligas galegas de categorías, cun bo inicio dos benxamíns,os máis pequenos do noso club, que empezaron a liga cunha boa vitoria ante os benxamíns de Pontevedra nun encontro dominado desde o inicio polos santiagueses que ademais contaban con varios xogadores de categoría prebenxamín.

LIGA GALEGA BENXAMÍN

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO  9 – 13 (1-4; 3-4; 3-2; 2-3)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, NICOLAS COLLAZO (1), ALEXANDRE GONZALEZ, SARAYGUILBERT (6), MIGUEL PALACIOS (2), ARIANA COLLAZO, XOSE MOSCOSO (1), GUILLERMO CARRILLO (3)

benjamin

Os seguintes en saltar á auga foron os nosos alevíns, que con varios dos nosos benxamíns deron a cara e nunca se renderon ante os alevíns de Pontevedra e aínda que o resultado final foi de once a cinco, ata o cuarto período estiveron sempre preto no marcador, pero o maior físico dos de Pontevedra fíxolles gañar ao final cun resultado máis folgado.

LIGA GALEGA ALEVÍN

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO  11 – 5 (2-1; 2-1; 1-0; 3-2; 1-0; 2-1)

CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, NICOLAS COLLAZO, MIGUEL PALACIOS, SARAY GUILBERT, FERNANDO FERRER (2), UXIA SANLUIS, XOSE MOSCOSO (1), SAMUEL GONZALEZ (2), GUILLERMO CARRILLO, MIGUEL BARCA, MAGIN LOPEZ

20161008_193245

O terceiro partido en disputarse foi o cadete feminino que do mesmo xeito que os outros dous partidos disputados estivo igualado durante os tres primeiros cuartos, pero o maior poder de banco das pontevedresas distanciounas ata acadar unha vitoria moi clara por catorce a catro, destacar o esforzo das nosas xogadoras e a súa boa actitude e loita desde o principio ata o remate do encontro.

LIGA GALEGA CADETE FEMENINA

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO  14 – 4 (3-0; 2-2; 1-0; 5-0; 1-2; 2-0)

CW SANTIAGO: REBECA GOTHLIN, SARAY GUILBERT (1), MARTINA COUCEIRO (1), LAURA SANLUIS (1), ROSALIA REY (1), UXIA SANLUIS, NATALIA VIEITES

20161008_203213

O derradeiro partido en disputarse foi o de categoría infantil, igual que os anteriores bo inicio dos nosos xogadores, que defensivamente estiveron a moi bo nivel, pero a falta de gol pecou a un equipo que tivo actitude e esforzo, e que con traballo acabarán progresando e rendendo a maior nivel.

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO  12-2 (0-0; 2-0; 3-0; 3-0; 1-1; 2-1)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT (1), SANTI ESTURAO, ANTONIO GARCIA, FERNANDO FERRER, SAMUEL GONZALEZ (1), NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, ANTONIO MALLO, ANXO PANERO, GABRIEL LESENDE, MAURO RODRIGUEZ

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s