VICTORIAS ABSOLUTAS E DERROTA INFANTIL

Este pasado sábado disputouse unha nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago, visitaba as instalacións de Sta. Isabel o CM Ferrol. Disputáronse tres partidos cun balance de dúas vitorias (Absoluto 1ª división e Absoluto de 2ª división) e unha derrota do noso equipo infantil.
A xornada comezou co partido de 2ª división entre os dous equipos “B”, inicio dominante dos locais que saíron moi activos e distanciáronse no marcador cun parcial de catro a un nos primeiros minutos, aínda que varios erros defensivos entre o final do primeiro cuarto e o inicio do segundo igualou o partido, chegando ao descanso cun axustado sete a seis; cando se prevía unha segunda parte do partido igualada, a maior intensidade dos locais propicio dous parciais de cinco a un dando unha vitoria final cómoda aos santiagueses.
LIGA GALLEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION
CW SANTIAGO – CM FERROL 17 – 8 (5-3; 2-3; 5-1; 5-1)
CW SANTIAGO: MATEO RAPOSO, MIGUEL FERNANDEZ (1), JORGE RODRIGUEZ (1), GABOR PAZOS (2), LUIS FERRER (3), ALEJANDRO GOMEZ (2), ALVARO RODRIGUEZ (1), JESUS MONTOIRO (1), DAMIAN ANTELO, RODRIGO VARELA, XOAQUIN GENDRA (1), BRUNO SAMPAÑO (5), JAVIER ROMARIS
A continuación saltaron á auga os equipos en categoría infantil, e como ocorreu no primeiro partido de liga dos nosos infantís, tiveron un inicio esperanzador cunha gran defensa e buscando solucións en ataque, pero a maior forza física dos visitantes decantou o partido a partir do terceiro cuarto. Destacar unha boa defensa do nosos pequenos pero a falta de gol pecou o ataque.
LIGA GALLEGA INFANTIL MIXTA
CW SANTIAGO – CM FERROL 3 – 10 (1-1; 0-1; 1-3; 0-2; 0-3; 1-0)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT (3), SANTI ESTURAO, ANTONIO GARCIA, FERNANDO FERRER, SAMUEL GONZALEZ, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, ANTONIO MALLO, MARTIN ZAS, GABRIEL LESENDE, ROBERTO CARRO
O derradeiro partido en disputarse foi o absoluto de primeira división, inicio de liga plácido do noso equipo que goleou aos ferroláns por un claro dezasete a un nun partido no que todos os nosos xogadores tiveron minutos para ir collendo ritmo para vindeiros encontros máis complicados, bo inicio e férrea defensa foi o máis destacado do partido afogando sempre a un rival que pouco puido facer ante a superioridade santiaguesa.
LIGA GALLEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION
CW SANTIAGO – CM FERROL 17 – 1 (3-0; 6-0; 5-1; 3-0)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, ALEJANDRO GOMEZ (3), RAMON TURNES (1), RAUL GALLEGO (2), ALEJANDRO PADILLA (1), PABLO PIÑEIRO, BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO, PABLO SUAREZ (2), ANGEL CARRO, BRUNO SAMPAÑO (3), ADRIAN CAMPAÑA (1), MIGUEL A. BARCA (4)