VITORIA EN SEGUNDA
E
DERROTA CADETE
Este pasado sábado disputouse unha nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago, visitaba as instalacións de Sta. Isabel o CN Coruña. Unha derrota (cadete) e unha vitoria (Absoluto 2ª división) foron os resultados desta xornada.
O primeiro partido foi en categoría cadete, onde os locais conseguiron estar no partido durante o primeiro tempo grazas ao traballo defensivo, conseguindo parar a principal baza ofensiva do equipo coruñés (o seu contraataque) e con paciencia en ataque chegar ao descanso cun resultado favorable aos coruñeses de dous a catro que daba esperanzas aos locais. Pese ao bo xogo a falta de acerto na decisión final fixo cometer demasiados erros en ataque que os visitantes souberon aproveitar para pechar o partido no terceiro cuarto, deixando o ultimo parcial para os xogadores menos habituais.
LIGA GALEGA CADETE MIXTA
CW SANTIAGO – CM CORUÑA 2 – 10 (0-1; 2-3; 0-3; 0-3)
CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, DAMIAN ANTELO (2), GABOR PAZOS, ROSALIA REY, ALEJANDRO GOMEZ, IVAN VIEITES, OSCAR ALVAREZ, JORGE GOMEZ, ANTONIO MOSCOSO, PABLO CHICO, JORGE RODRIGUEZ, IAGO GARABATO
Por último disputouse o partido de segunda división entre os equipos B de ambos os conxuntos. Partido igualado durante os tres primeiros cuartos mercé aos numerosos erros en ataque dos locais que puideron sentenciar moito antes e que non foi ata o último cuarto onde os locais conseguiron estirar o marcador ata acabar cun resultado de doce a cinco.
LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION
CW SANTIAGO “B” – CN CORUÑA “B” 12-5 (2-2; 4-2; 2-1; 4-0)
CW SANTIAGO: MATEO RAPOSO, MIGUEL FERNANDEZ (2), ROSALIA REY, GABOR PAZOS (1), LUIS FERRER, ALEX GOMEZ (3), ALVARO RODRIGUEZ, JESUS MONTOIRO (1), RODRIGO VARELA, ALEJANDRO PADILLA, XOAQUIN GENDRA, BRUNO SAMPAÑO (5), JAVI ROMARIS