VITORIAS ABSOLUTAS E INFANTIL
Este pasado sábado disputouse unha nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago; visitaba as instalacións de Sta. Isabel o CN Coruña para enfrontarse en categoría absoluta 1ª división e infantil ao equipo local.
O primeiro partido foi en categoría infantil onde os locais impuxéronse por once goles a seis nun partido moi igualado nos dous primeiros cuartos e que o bo traballo defensivo e a puntería en ataque decidiu nos últimos cuartos, conseguindo a primeira vitoria desta tempada. Destacar o traballo defensivo de todo o equipo que mellora o seu nivel partido a partido.
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
CW SANTIAGO – CM CORUÑA 11 – 6 (1-1; 2-3; 3-0; 2-1; 1-0; 2-1)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT (7), SANTIAGO ESTURAO, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER (4), NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, ANTONIO MALLO, ANXO PANERO, ANTONIO GARCIA, ROBERTO CARRO.
Por último disputouse o partido de primeira división entre os equipos de ámbolos dous conxuntos., primeira pedra de toque para os locais ante o actual campión de liga, e que a pesar dun inicio igualado no primeiro cuarto a maior efectividade en ataque dos visitantes acentuados con algún erro defensivo dos locais fixo escaparse aos actuais campións de liga cun seis a nove a mediados do terceiro cuarto; a partir dese momento a maior capacidade física dos locais mais os axustes defensivos propiciou a remontada para rematar o encontro cun resultado de catorce goles a once favorable aos locais, que collen moral para seguir traballando e póñense ao fronte da clasificación
LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION
CW SANTIAGO – CN CORUÑA 14-11 (1-1; 4-5; 4-3; 5-2)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, RAMON TURNES (1), BRUNO SAMPAÑO, ALEJANDRO PADILLA (1), PABLO PIÑEIRO (5), BRAIS RAPOSO (3), ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ, ALEJANDRO GOMEZ, LUIS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA, MIGUEL A. BARCA (2)
COGRATULATIONS TO THE BEST !!!
BEST WISHES !!!
GREETINGS & REGARDS
TO ALL THE SWIMMERS & WATERPOLO CHAMPOINS & WATERPOLO CLUBS & WATERPOLO TEAMS !!!
WE ❤ WATERPOLO !!!
WE ❤ WATER SPORT !!!
WE ❤ SPORT !!!
❤ ❤ ❤ GOD BLESS… ❤ ❤ ❤
"THE BEST FRIENDS ARE 'WATERPOLO FRIENDS' !!!"
@Edwin Eduardo Munoz
REGARDS
E&E MUNOZ
@Edwin Eduardo Munoz
@Vista waterpolo
@Vista Group
@Vista Waterpolo Friends